Voluntariado
Xerando hábitos solidarios que perduren no tempo
A acción voluntaria
da Fundación Amigos de Galicia ten como obxectivo impulsar a participación como persoas voluntarias de colectivoa que pola súa específica experiencia profesional ou vital poidan supoñer unha importante achega á esfera cotía doutros colectivos con específicas necesidades sociais.
Tendo en conta a labor que realizamos, para a entidade é fundamental o traballo levado a cabo polos voluntarios e voluntarias tanto no noso día a día como nas diversas campañas e actuacións que organizamos.
A consecuencia da crise sanitaria do COVID-19, tivemos que reinventar as vías de canalización da cooperación; realizando as persoas voluntarias -nos proxectos nos que nos posible- as accións de forma telemática (chamadas telefónicas, online, etc.).
Descubre todas as vías de colaboración!
¿Queres colaborar con nós?
Faite Voluntari@!
¿Queres que acudamos ó teu centro?
Sensibilizamos no voluntariado ofertando charlas e actividades de concienciación e responsabilidade social para centros escolares, empresas e demáis entidades.
Inscríbete como interesado
Este programa conta co apoio de:

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.