O
Futuro nas Túas Mans
é un programa multidisciplinar impulsado por Fundación Amigos de Galicia que xorde co obxectivo de implicar á infancia e á xuventude no coidado do medio ambiente, repoboando zonas públicas con árbores autóctonos para recuperar a nosa natureza, así como con actividades de recollida de residuos e plásticos que degradan o noso entorno.
Todas as accións complentaranse con actividades de sensibilización e formación na infancia sobre o valor intrínseco da conservación do medio ambiente.
O volume de plásticos que estamos xerando está destruíndo ao noso planeta, e os seres humanos somos os responsables.
A promoción do coidado ao medio ambiente dende a infancia é a forma máis eficaz de xerar hábitos ambientais que perduren no tempo.
Poñémonos á disposición de centros escolares, agrupacións, etc. para a realización de actividades de concienciación co medio ambiente co obxectivo de implicar á infancia.
Cóntanos a túa proposta!
O proxecto xorde tras os incendios devastadores que azoutaron ao municipio das Neves no ano 2017. No mes de marzo de 2018, a Fundación Amigos de Galicia organizou en As Neves (Galicia) unha actividade mediante a cal o alumnado do centro plantou 300 carballos no Monte Chan de Vide co obxectivo tanto de repoboar os montes afectados, como de implicar aos menores na importancia do coidado ao medio ambiente