Programas dirixidos á infancia

INFANCIA

Programas específicos para a Infancia

Dixitalízate con Nós

Cobertura de tarifa Fibra/ADSL doméstica  e entrega de material informático en fogares de Galicia con menores en idade escolarizada en situación de risco de exclusión social.

“En Igualdade dende a Escola”

Entrega de libros, material escolar, sanitario e necesidades escolares entre menores en idade escolarizada en situación de risco de exclusión social atendidos por Fundación Amigos de Galicia.


Ademais das solicitudes individuais, a entidade tamén da resposta ás solicitudes de centros escolares que detectan casos de alumnos/as que precisan deste material.

Personación en casos que vulneran os dereitos da infancia

Nos últimos anos, Fundación Amigos de Galicia vense implicando cada vez máis coa protección da infancia e dando voz a casos que vulneran os seus dereitos.


Fundación Amigos de Galicia leva a cabo a campaña de xoguetes "Comparte Ilusión" coa finalidade de garantir que todos os nenos e nenas das familias en situación de risco e exclusión social atendidas pola entidade en toda Galicia poidan atopar un agasallo de Nadal baixo a súa árbore. 

Sensibilización en Voluntariado

A Fundación Amigos de Galicia impulsa o proxecto SENSIBILIZACIÓN EN CENTROS ESCOLARES SOBRE A IMPORTANCIA DO VOLUNTARIADO co obxectivo de concienciar entre os/as participantes sobre a importancia de valores como a igualdade, o compromiso, o altruísmo, a responsabilidade cara ós vulnerables e o entorno natural, o valor da solidariedade, etc.  



Se traballas nun centro escolar/empresa/entidade e estas interesad@ en participar neste proxecto, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 672 706 182 ou no correo electrónico comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org.


Share by: