Charlas Sensibilización en Voluntariado


A Fundación Amigos de Galicia impulsa o proxecto SENSIBILIZACIÓN EN CENTROS ESCOLARES/EMPRESAS E/OU ENTIDADES DE TODO GALICIA SOBRE A IMPORTANCIA DO VOLUNTARIADO co obxectivo de concienciar entre os/as participantes sobre a importancia de valores como a igualdade, o compromiso, o altruísmo, a responsabilidade cara ós vulnerables e o entorno natural, o valor da solidariedade, etc.  

Deste xeito, Fundación Amigos de Galicia trata de sensibilizar entre a cidadanía sobre distintos programas desenvoltos pola entidade e establecer o alcance que teñen con respecto ás persoas vulnerables da nosa sociedade, de cara a tratar de invitar ás persoas interesadas á participación, de modo voluntario, no desenrolo de tarefas concretas que poden ser desenvoltas en equipo. No caso das persoas menores de idade contan con autorización expresa dos seus pais/nais e/ou tutores legais, sempre baixo supervisión do centro e da persoa responsable de voluntariado. 

Se traballas nun centro escolar/empresa/entidade e estas interesad@ en participar neste proxecto, podes poñerte en contacto con nós no teléfono 672 706 182 ou no correo electrónico comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org.

Este programa conta coa subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia por medio da ORDE do 3 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.
Colexios curso 2020-2021
Share by: