Fomento do Emprego e Formación
 
 Mellorar a empregabilidade, a busca activa de emprego e a inserción laboral das persoas que teñen dificultades para a integración laboral, é a liña de actuación principal que Fundación Amigos de Galicia está a levar a cabo nos últimos anos.
 
 En Fundación Amigos de Galicia somos conscientes de que o acceso ao emprego é a principal ferramenta que teñen as persoas para poder obter recursos cos que ser independentes e poder satisfacer as súas necesidades.
 
 Por este motivo, Fundación Amigos de Galicia conta co Servizo de Orientación Laboral 
que realiza accións encamiñadas á inserción laboral e formación de persoas en idade laboral en Galicia.
 
 Os obxectivos do servizo son:
 
 •	Actualizar e activar o currículo vitae de cada demandante.
 
 •	Optimizar a oferta formativa existente.
 
 •	Compatibilizar a demanda da persoa coa oferta existente.
 
 •	Ofrecer un sistema de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.
 
 Este servizo consta de tres tipo de accións: 
 
 •	A orientación laboral e deseño de Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral, o cal consiste en realizar un plan de accións en función do perfil persoal, profesional e académico, para unha correcta busca activa de emprego. 
 
 • A formativa, na cal se ofertan cursos e obradoiros impartidos pola propia entidade, e outras entidades para a integración laboral das persoas en risco de exclusión social. 
 
 • Accións de inserción laboral, nas cales os/as técnico/as de emprego realizan accións de prospección no mercado de traballo e de intermediación laboral coas empresas. A Entidade mantén convenios de colaboración con empresas privadas galegas que permiten a incorporación laboral dos/as usuarios/as da Entidade.
 
 Fundación Amigos de Galicia está constituída como Axencia de Colocación con ID 1200000013; e como Entidade Colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia.
 
 O servizo de Orientación Laboral é totalmente gratuíto.
 
 Onde podes atoparnos?
 
- Boletín de Ofertas de Emprego de Fundación Amigos de Galicia 
 (Publicación semanal)
- Datos de Insercións Laborais maio 2021
- Datos de Insercións Laborais 2019
- Multimedia
Tres historias de persoas que recibiron ou están recibindo o servizo de orientación laboral.
- Memorias Anuais Axencia de Colocación
Teléfonos
 Santiago de Compostela
661 777 309/ 610 475 763
Pontevedra
661 777 352 
Vilagarcía de Arousa
617  758 109 / 661 777 911
Ourense
617 758 136 / 661 777 891
E-mail
 orientacion@fundacionamigosdegalicia.org
Visítenos
 Santiago de Compostela
Rúa das Tabaniscas, 50 - 15702 
Pontevedra
Edif. Administrativo Benito Corbal 36002
Vilagarcía de Arousa
Avda. Matosinhos, 2 - 36600
Ourense
Avda. de Portugal, 59 - 32002


