"Nas súas mochilas os seus soños" 

 

 

¡OBXECTIVO CONSEGUIDO!

 

Un ano máis a  campaña de recollida de material escolar Nas súas mochilas os seus soños foi todo un éxito xa que se recadaron  16.591 unidades de material escolar, doadas tanto por particulares que participaron na campaña de recollida como por parte das empresas colaboradoras e establecementos que se sumaron á iniciativa con doazóns ou como puntos de recollida de material.

 

Unha das partes máis importantes da campaña tivo lugar os días 30 e 31 de agosto coa recollida de material escolar en Alcampo Vilagarcía e Alcampo Santiago de Compostela, onde se recadaron un total de 6.741 unidades de material.

 

Tamén entidades públicas e empresas privadas contribuiron a esta campaña organizando recollidas internas ou realizando doazóns, o que permitiu a recadación de 6.089 unidades de material escolar.  Dende a Fundación Amigos de Galicia queremos manifestar o noso agradecemento a estas organizacións como Orember Finsa, Ingaroil S.L., Fremap Galicia, Alcampo, Salica, Librería Morán,  Concello de Cerceda e Asociación de veciños de Meliás.  

 

Outros piares fundamentais desta campaña son as diversas librerías, papelerías e establecemientos que se habilitan como punto de recollida de material escolar novo, grazas aos cales se obtiveron máis de 900 artigos. Estes establecementos foron a papelería Maño en Caldas de Reis, a librería Castelao en o Grove e Arousa, a Barrybería en O Grove, Papercor Pontevedra, Folder Vigo, as papelerías Carlín e Arines en Vilagarcía de Arousa, Once Minas e Papelería Sanmartín en Santiago de Compostela, librería Queixumes, papelería La CretivaLa Librería en Ourense e Ares Arousa Hípica.

 

Tamén hai que destacar as doazóns anónimas e de particulares grazas ás cales se recolleron 2.224 unidades de material.

 

Esta campaña permitui que a Fundación Amigos de Galicia reparta 1915 mochilas con material escolar, adaptado ao curso e a la idade do alumnado, entre os nenos e nenas en idade de escolarización que atende a entidade en máis de 44 concellos de Galicia.

 

Cómpre destacar que este ano se incrementou o número de solicitudes tanto por parte dos usuarios/as atendidos/as pola entidade como por parte dos centros escolares que detectan casos de menores que non dispoñen do material necesario para o novo curso. Este incremento da demanda débese a que no último ano detectáronse máis casos de familias en situación de pobreza e risco de exclusión social, moitas delas son emigrantes retornados que aínda non teñen os papeis en regra e non poden acceden a axudas públicas.

 

Malia que xa se  entregaron todas as mochilas aos usuarios/as atendidos pola entidade, aínda estamos recibindo novas solicitudes por parte dos centros escolares, que detectan casos de alumnos e alumnas con familias que non poden costear o prezo do material escolar necesario para o curso. 

 

Para máis  información podedes poñervos en contacto con nós.

 

 

¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!