CAMPAÑA DE NADAL 2019

Un ano máis, a Fundación Amigos de Galicia estivo traballando para atender as necesidades das familias galegas máis desfavorecidas, para o que levou a cabo diferentes programas e campañas ao longo de 2019.

 

Grazas á campaña de Nadal, "Este Nadal comparte ilusión" que Amigos de Galicia levou a cabo, a entidade entregou 2.695 xoguetes entre os nenos das familias ás que atende en toda Galicia.

 

O éxito desta campaña non tería sido posible sen a colaboración de distintas empresas e entidades que, unha vez máis, se puxeron en contacto coa Fundación para facer doazóns ou promover eventos para recoller xoguetes e alimentos. A Fundación Amigos de Galicia quere expresar o seu agradecemento á Asociación Elfos y Calcetines, Estudio 1917, Viña Grande de Deiro, Kids and Us Vilagarcía, Fremap Galicia, Fremap Vilagarcía, Alcampo, Cortegada Baloncesto, Zen Energy, Romay, Asociación Rubianes, Finsa, Congalsa, Anedia, Campomayor, Domusvi Santiago, McDonalds (Pontevedra- Vigo- Vilagarcía), Salma Day Center, Waterpolo Pontevedra, Cafetería Bruxelas, Vegalsa, SETGA, Cervecería A Liga, Our Granito de Arena, Las Clases de Tania, SD Compostela, Heredeiros Sar, Ourense Shopping Center, Librería Queixumes, piscina municipal de Marín, CRA de Meis, IES As Bizocas, Inkorporation Tattoo e Centro de educación especial Vilagarcía de Arousa. Tamén é fundamental o traballo dos voluntarios que durante estes días axudan na selección, clasificación e acondicionamento dos xoguetes para que todos os nenos poidan recibir o seu agasallo de Nadal a tempo.

CEE VILAGARCÍA 

San Silvestre Solidaria - Recollida de alimentos. 18 de decembro 11:00 horas Pza de Galicia.

CORTEGADA BALONCESTO

Recollida de alimentos e xoguetes novos nos partidos do Cortegada en Vilagarcía de Arousa o 30 de novembro e 14 de decembro

 

 

Estudio 1917 SANTIAGO

Maquillaxe a cambio de xoguetes e alimentos os días 24 e 31 de decembro.

 

 

ENERGÍA ZEN SANTIAGO

Clase de yoga a cambio de xoguetes o día 15 de decembro

 

 

MCDONALDS VILAGARCÍA

¡Co menú grande un postre a cambio dun xoguete. Do 5 ao 20 de decembro.