Fundación Amigos de Galicia

Somos unha entidade sen ánimo de lucro que axuda ás persoas en situación de carencia de recursos económicos con domicilio en Galicia.

 

Temos como Misión garantir a axuda aos colectivos con limitacións económicas e sociais, facilitando cobertura das necesidades básicas da vida cotiá das persoas carentes de recursos económicos, especialmente daquelas unidades familiares con menores a cargo, mediante o desenvolvemento do "Plan de Cobertura de Necesidades Básicas ás Persoas Carentes de Recursos Económicos de Galicia".

Colabora con NÓS

 

Para colaborar coa entidade, facilitamos nº conta:

 

 

 

ES-55 2080 5075 1730 4003 4704

 

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade que dende a sua orixe está comprometida coas persoas máis necesitadas de Galicia. A Fundación é considerada un dos baluartes da Infancia en Galicia, sendo a Loita  Contra a Pobreza Infantil un dos nosos principais obxetivos.

 

Mantendo esta labor dende 1987, a entidade atendeu no ano 2013 a 28.529 persoas, das cales 15.592 foron nenos e mozos. O noso cometido é cubrir as súas necesidades básicas ademáis de procurar  a integración social e laboral dos mesmos,  co fiel propósito de evitar a súa exclusión social.

Sen a colaboración de moitas entidades e empresas todo este traballo sería imposible, polo tanto é preciso mencionar e agradecer  á Xunta de Galicia, ós Fondos Europeos de Loita contra á Pobreza, ó Goberno de España, ás Deputacións, ós Concellos, coa asistencia dos Servizos Sociais, ás Empresas Privadas e por último, sen olvidarnos dos Patronos/as que formamos a Fundación, as sobranceiras contribucións que realizan durante todo o ano.

 

É a nosa labor destacar e difundir públicamente a solidariedade da sociedade que dende empresas privadas, administración públicas, asociacións e centros escolares cooperan con nós e comparten os nosos obxetivos.

 

Dende a Fundación Amigos de Galicia,  agradecer sen descanso, en nome propio e en nome de todas as persoas que se benefician das axudas;  e prometer  que seguiremos traballando  para acadar unha sociedade máis xusta, culta e solidaria.

 

 

 

 


 Jesús Busto Peteiro 

Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia

Doazóns

Todas as doazóns serán

destinados para cubrir as

necesidades básicas

dos nosos usuarios

Participa Teaming

https://www.teaming.net/fundacionamigosdegalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 123

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

981 576 034

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

986 510 181(Servizos Sociais)

986 198 105 (Administración)

 

Fax:

901 707 205


traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org