PARADOS/AS DE LONGA DURACIÓN

Enténdese por parado/a de longa duración, aquela persoa que leva en situación de desemprego un mínimo de 12 meses. A situación de desemprego, xunto coa carencia de ingresos e a obriga de manter a un determinado número de fillos/as, convérteno en colectivo vulnerable en situación de necesidade.

 

Por tanto, a Fundación Amigos de Galicia préstalles a axuda de alimentos, consistente nun paquete composto por produtos básicos tales como: arroz branco, pasta, aceite, leite UHT, leite en pó, leite de continuación para bebés, azucre, madalenas, garavanzos, lentellas, fabas, cacao, fariña, natillas, carne, conservas, ovos, tomate frito, chourizo, queixo, arroz con leite, galletas, cereais, batidos, patacas, polo, froita, peixe conxelado, croquetas, verdura conxelada, polbo, etc. Tamén teñen dereito a percibir, por parte da Fundación Amigos de Galicia, roupa e produtos para a súa hixiene persoal, así como leite infantil e cueiros no caso de necesitalos.

 

  Ademais, a Fundación pon á súa disposición a Axencia de Colocación con ID.1200000013 autorizada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade, a busca activa de emprego e a inserción laboral das persoas desempregadas en xeral, facendo fincapé naquelas que se encontran nunha situación de dificultade para a integración laboral.

 

 

Unha historia que contar:

 

Neste eido de actuación, cabe citar o caso dunha familia de Poio que carecía de recursos económicos suficientes para facer fronte ao pago dos audífonos do seu neno pequeno -necesarios para a aprendizaxe do rapaz-. O fillo máis vello atopábase en situación de desemprego e únicamente cós ingresos do home non eran capaces de facer fronte ás necesidades da súa vida diaria. Así, en coordinación có concello de Poio e a Xunta de Galicia, e entre as tres entidades, aportaron o importe íntegro de ambos audífonos.

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: