IES DE OROSO

 

Co obxectivo de concienciar ao alumnado na importancia da solidariedade, a persoa responsable das charlas de sensibilización trasladouse ata as instalacións do centro para impartir unha charla á clase de Economía de 4º de ESO sobre a importancia do voluntariado para a nosa sociedade e sobre labor que realiza a Fundación Amigos de Galicia a través da colaboración de voluntariado, así como o alcance dos distintos programas desenvoltos.

 

A partir de aí, o alumnado da clase organizou un mercadillo solidario con obxectos de segunda man recadados no propio colexio. Todo o recadado finalmente, 243€ en total, foi empregado por Fundación Amigos de Galicia para a compra de leite que foi entregada entre as familias en risco de exclusión social que a entidade atende no municipio de Oroso.

 

No ano 2017 a Fundación Amigos de Galicia atendeu unha media de 38 familias en risco de exclusión social.