IES DE MEAÑO

 

 

Representantes do alumnado do IES de Meaño realizaron unha visita ás instalacións de Fundación Amigos de Galicia, organizada pola persoa responsable das charlas de sensibilización. Na visita coñeceron a labor diaria da entidade e concienciáronse sobre a importancia do voluntariado para a nosa sociedade e sobre labor que realiza a Fundación Amigos de Galicia a través da colaboración de voluntariado, así como o alcance dos distintos programas desenvoltos.

 

Despois da visita, a cooperativa do colexio - MAKERSCHOOL - realizou un donativo de 1.000€ a Fundación Amigos de Galicia recadados mediante a venta de obxectos 3D realizados polo alumnado. 

 

A doazón foi destinada á compra de necesidades básicas para as familias que Fundación Amigos de Galicia atende na comarca do Salnés. 

 

 

VISITA IES MEAÑO INSTALACIÓNS FAG