CPR SAN MIGUEL - VIGO

Persoal de Fundación Amigos de Galicia trasladouse ata as instalacións do centro CPR San Miguel (Vigo) o 04 de outubro de 2018 para impartir un taller de sensibilización do voluntariado e de información sobre as  campañas que leva a cabo a entidade coas recollidas de tapóns de plástico, que no momento vai dirixida á campaña "Traxes de Superheroes"

 

 

A charla foi dirixida aos alumnos e alumnas dos ciclos formativos:

 

- Clínica

- Telecomunicacións

- Xestión administrativa

 

Ademais, os/as asistentes recibiron información sobre as vías de colaborar con Fundación Amigos de Galicia a través das campañas de Wapsi, Teaming, etc.