CIFP FERROLTERRA

 

Co obxectivo de concienciar ao alumnado na importancia da solidariedade, a persoa responsable das charlas de sensibilización trasladouse ata as instalacións do centro para impartir unha charla á clase do CICLO DE ELECTRÓNICA sobre a importancia do voluntariado para a nosa sociedade e sobre labor que realiza a Fundación Amigos de Galicia a través da colaboración de voluntariado, así como o alcance dos distintos programas desenvoltos.