CEIP VIRXE DO CARME - SOBER

 

Persoal de Fundación Amigos de Galicia trasladouse ata as instalacións do centro para impartir unha charla de sensibilización do voluntariado e de información sobre as  campañas que leva a cabo a entidade coas recollidas de tapóns de plástico, que no momento vai dirixida á campaña "Traxes de Superheroes"

 

 

A charla foi dirixida aos alumnos de Infantil e Primaria. O colexio colabora na actulidade como punto de recollida de tapóns de plástico.