CEE VILAGARCÍA DE AROUSA

 

 

Co obxectivo de concienciar ao alumnado do CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA na importancia da solidariedade, a persoa responsable das charlas de sensibilización trasladouse ata as instalacións do centro para impartir unha charla sobre a importancia do voluntariado para a nosa sociedade e sobre labor que realiza a Fundación Amigos de Galicia a través da colaboración de voluntariado, así como o alcance dos distintos programas desenvoltos.

 

En consecuencia, o alumnado do CEE organizou un mercadillo solidario o 23 de maio na rúa PRINCIPE DE VIGO, con obxectos realizados por eles/as mesmos/as,. Esta actividade foi organizada pola Cooperativa creada polo alumnado do centro denominada SPECIAL MANS. 

 

 

Despois da realización do mercadillo, realizaron unha visita ás instalacións da Fundación Amigos de Galicia, onde ademais de coñecer a labor que realiza a entidade, contribuiron como voluntari@s por un día, na selección de tapóns de plástico. 

 

Finalmente o alumando do CEE consegiu recadar 300.70 euros nos mercadillos realizados,  que foron empregados pola entidade para mercar 642 litros de leite.