QUENES SOMOS

 

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro fundada o 17 de maio de 1987.

 

Temos como misión principal a atención a persoas que se atopan en risco de exclusión social de Galicia.

 

A Fundación Amigos de Galicia é unha Entidade Prestadora de Servizos Sociais con número de rexistro E- 2199, declarada como entidade de interese galego (D.O.G. 23-11-1995). Tamén está rexistrada como organización Non Gubernamental para o Desenvolvemento E-19 no  Rexistro Galego de Axentes de Cooperación, no Rexistro de Entidades de Interese Galego co nº 28 (1995/5), e acollida á Lei de Mecenado e no Rexistro de Entidades Culturais co nº 36.  A Entidade conta coa Axencia de Colocación aprobada pola Xunta de Galicia, con número de Expediente 2012/017 e Número de Identificación 1200000013.

 

 

A Fundación Amigos de Galicia é posible grazas aos Patronos/as, á iniciativa privada, e dunha maneira especial, ás empresas galegas, tanto polo seu apoio económico, como polas doazóns en especia, a maior parte en forma de alimentos. 

 

Todo esto non sería posible sen a importantísima colaboración dos Fondos Europeos de Loita conta a Pobreza, do Goberno de España, da Xunta de Galicia, das Diputacións e dos Concellos. Agradecemos ademais o apoio de asociacións, colexios e institutos e colectivos preocupados polos máis necesitados e necesitadas de Galicia. 

 

Todo o traballo desenvolto polos traballadores profesionais da Fundación é coordinado, para un maior éxito, cos Servizos Sociais dos concellos, da Administración en xeral, e das entidades que contan con profesionais idóneos para conseguir os obxectivos que nos propoñemos. Ademais, a entidade contou en 2017, coa colaboración  de 389 voluntarios/as distribuídos polas catro provincias, e 505 empresas privadas, que fan posible que a axuda chegue a todos os lugares de Galicia. 

 

 

A Fundación Amigos de Galicia está a disposición da sociedade galega dando grazas en nome dos máis necesitados e no noso propio, a todas as persoas que fan posible que sigamos traballando. 

Padroado Reitor

Equipo

Colaboración

"A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade que dende a súa orixe está comprometida coas persoas máis necesitadas de Galicia. A Fundación é considerada un dos baluartes da Infancia en Galicia, sendo a Loita  Contra a Pobreza Infantil un dos nosos principais obxectivos,  mantendo esta labor dende 1987.

 

O noso cometido é cubrir as súas necesidades básicas ademais de procurar  a integración social e laboral dos mesmos,  co fiel propósito de evitar a súa exclusión social.

 

Sen a colaboración de moitas entidades e empresas todo este traballo sería imposible. Polo tanto é preciso mencionar e agradecer  á Xunta de Galicia, aos Fondos Europeos de Loita contra á Pobreza, ao Goberno de España, ás Deputacións, aos Concellos, coa asistencia dos Servizos Sociais, ás Empresas Privadas, e por último, sen olvidarnos dos Patronos/as que formamos a Fundación, as sobranceiras contribucións que realizan durante todo o ano.

 

É a nosa labor destacar e difundir publicamente a solidariedade da sociedade que dende empresas privadas, administración públicas, asociacións e centros escolares cooperan con nós e comparten os nosos obxectivos.

 

Dende a Fundación Amigos de Galicia,  agradecer sen descanso, en nome propio e en nome de todas as persoas que se benefician das axudas;  e prometer  que seguiremos traballando  para acadar unha sociedade máis xusta, culta e solidaria".

 

 

 

 

 

 Jesús Busto Peteiro 

Director Xeral da Fundación Amigos de Galicia

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00 

 

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. Matosinhos, 2 
C.P. 36600 - Vilagarcía

Horario: 09:00 - 14:00 

 

Horario:07:015:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 - 16:00-18:00

 

Pontevedra

Casa da Luz - Pza da Verdura S/N

C.P. 36002 - Pontevedra

Teléfono:

986804300 - EXT- 7483

Horario:

De luns a venres: 08:00-14:00 

 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: