Misión
A nosa misión é a atención ás persoas en situación ou risco de exclusión social, promovendo a súa inserción no mercado laboral.
Visión
Temos a visión dunha entidade social, consolidada e afincada en Galicia cuxo baluarte son as persoas en situación de risco de exclusión social, prestando especial atención á infancia, persoas maiores que viven solas e mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou violencia de xénero.
A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen fins lucrativos
(Lei 49/2002) tal e como se mostra nos seus Estatutos, rexistrada coma Entidade Prestadora de Servizos Sociais nº E-2199, fundada o 17 de maio de 1987.
A Entidade conta coa Axencia de colocación Emprega aprobada pola Xunta de Galicia, con número de Expediente 2012/017 e Número de Identificación 1200000013.
O principal ámbito de actuación atópase no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
principalmente, realizando accións puntuais tanto en España coma no estranxeiro.