VIOLENCIA DE XÉNERO

Qué é a violencia de xénero?

 

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo. Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

 

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero (como a manifestación máis brutal das desigualdades entre homes e mulleres) é un problema que está presente na maior parte dos países do mundo.

 

Ante esta problemática, pola que foron asasinadas 52 mulleres en España durante o ano 2017 e oito menores a man dos seus pais ou parellas da nai, a Fundación Amigos de Galicia desenvolve programas dirixidos a mulleres que sofren, sufriron ou están en risco de sufrir violencia de xénero en Galicia.


 

PROGRAMA DIRIXIDO A MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

Esta axuda consiste en ofrecerlle unha serie de servizos en función das súas necesidades no campo psicolóxico, xurídico, laboral e/ou apoio social.
Neste eido, tamén se desenvolven accións no campo da prevención da violencia de xénero.


A Fundación Amigos de Galicia pon a disposición das mulleres e menores afectados unha AXUDA INMEDIATA que lle permita a independencia necesaria para poder afastarse da persoa maltratadora.


Ademais de toda a axuda relacionada con asesoramento psicolóxico e xurídico, tamén se lles ofrece un servizo de orientación laboral onde se realizan accións con conleven a unha mellora das capacidades e a formación para a busca activa de emprego e a necesaria autonomía nas diferentes tarefas. É importante que as usuarias consigan un emprego para poder ter unha independencia económica da persoa que exerce a violencia.

 

O programa tamén inclúe un asesoramento social, aportando información de cando saen as prestacións ás que poden acceder.


En función das súas necesidades tamén se lles ofrece unha axuda de recursos para evitar a súa susceptibilidade (alimentos, produtos de hixiene persoal, etc., sendo conscientes que moitas delas carecen de ingresos no momento da separación.


Para levar a cabo este proxecto a Fundación Amigos de Galicia pon a disposición dos/as beneficiarios/as un equipo humano con formación en prevención de violencia de xénero e conductas vinculadas ao xénero formado por traballadores/as sociais, psicólogos/as, orientadores/as laborais, asesores legais.


Pomos especial fincapé na defensa e axuda aos menores que forman parte do conflito, un conflito no que son a parte máis vulnerable e nos que se desenvolverán traumas que afectarán ao seu desenvolvemento persoal nun futuro.


A Fundación Amigos de Galicia presta toda a súa axuda a estas nenas e nenos que viven ou viviron con esta problemática. E pon a disposición dos mesmos unha axuda directa no campo psicolóxico, xurídico e social.

 

Solicitude de axuda

 

Se vostede precisa axuda dentro do Plan de Cobertura de Necesidades Básicas ás persoas carentes de recursos de Galicia (necesidades alimenticias, de vestimenta e calzado, de produtos de hixiene, orientación laboral) cubra o seguinte formulario de solicitude e envíeo por correo ordinario, adxuntando copia da documentación que se lle require, a un destes enderezos: 

 

  • Avda. de Lugo, nº 115. C.P. 15702 Santiago de Compostela. A Coruña
  • Avda. López Ballesteros, nº9. C.P. 36600  Vilagarcía de Arousa. Pontevedra
  • Avda. de Portugal, 59. C.P. 32002 Ourense

 

Porémonos en contacto con vostede en canto nos sexa posible.

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE AXUDA.pdf
Documento Adobe Acrobat [79.3 KB]

NOTICIAS RELACIONADAS

La Xunta de Galicia colabora con Fundación Amigos de Galicia para la atención de mujeres en situación de especial vulnerabilidad

14/02/2018_ El Director General, Jesús Busto, y la responsable del Departamento de Trabajo Social de Fundación Amigos de Galicia, Noelia Romero, se reunieron con la secretaria general de Igualdad, Susana López Abella, para valorar los programas llevados a cabo por la entidad dirigidos a mujeres en situación de especial vulnerabilidad.

La Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella y la Delegada Territorial de la Xunta de Galicia en Ourense, María Sol Díaz Mouteira; visitan la Fundación Amigos de Galicia para analizar el trabajo realizado por la entidad en el ámbito de la igualdad

10/04/2018_En los últimos años, desde Fundación Amigos de Galicia se vienen desarrollando programas que fomentan la igualdad de las mujeres y que promueven la incorporación de actuaciones concretas de cara a evitar situaciones de vulnerabilidad. Por ello, responsables de Fundación Amigos de Galicia y representantes de la Xunta de Galicia se reunieron para valorar los programas llevados a cabo por la entidad subvencionados por la Xunta de Galicia dirigidos hacia mujeres que se encuentran en situación de vulnerabilidad.

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

Pontevedra

Casa da Luz - Pza da Verdura S/N

C.P. 36002 - Pontevedra

Teléfono:

610 475 357

Horario:

De luns a venres: 08:00-14:00 

 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: