QUENES SOMOS

 

A Fundación Amigos de Galicia fundouse o 17 de maio de 1987 baixo o nome de Asociación Gastronómica e Cultural O Grelo, transformándose en 1995 en Fundación Amigos de Galicia "O Grelo". Posteriormente convértese na actual Fundación Amigos de Galicia. 

 

A Fundación Amigos de Galicia é unha Entidade Prestadora de Servizos Sociais con número de rexistro E- 2199, declarada como entidade de interese galego (D.O.G. 23-11-1995). 

 

A súa labor repártese entre a axuda aos colectivos máis necesitados de Galicia, a promoción cultural e o turismo. 

 

A Fundación Amigos de Galicia atendeu en 2016, mensualmente, a unha media de 42.470 atencións dentro do Plan Integral de Loita Contra a Pobreza e a Exclusión Social, dos que 15.728 eran menores e xuventude. Nos últimos anos houbo un incremento notable en relación ao número de persoas atendidas, como pode observarse neste gráfico que reflicte a evolución entre 2011  e 2016.

 

A Fundación Amigos de Galicia é posible grazas aos Patronos/as, á iniciativa privada, e dunha maneira especial, ás empresas galegas, tanto polo seu apoio económico, como polas doazóns en especia, a maior parte en forma de alimentos. 

 

Todo esto non sería posible sen a importantísima colaboración dos Fondos Europeos de Loita conta a Pobreza, do Goberno de España, da Xunta de Galicia, das Diputacións e dos Concellos. Agradecemos ademais o apoio de asociacións, colexios e institutos e colectivos preocupados polos máis necesitados e necesitadas de Galicia. 

 

Todo o traballo desenvolto polos traballadores profesionais da Fundación é coordinado, para un maior éxito, cos Servizos Sociais dos concellos, da Administración en xeral, e das entidades que contan con profesionais idóneos para conseguir os obxectivos que nos propoñemos. Ademais, a entidade contou en 2016, coa colaboración  de 441 voluntarios/as distribuídos polas catro provincias, e 485 empresas provadas, que fan posible que a axuda chegue a todos os lugares de Galicia. 

 

 

A Fundación Amigos de Galicia está a disposición da sociedade galega dando grazas en nome dos máis necesitados e no noso propio, a todas as persoas que fan posible que sigamos traballando. 

Equipo humano

Jesús Busto 

Director Xeral

Noelia Romero

Subdirectora

Ángeles Rodríguez

Xefa de  Administración

Jared Villaverde

Orientador laboral

Paula Chapela

Xornalista

María García

Traballadora Social

Hernán Giugliano

Transportista

F. Javier Nogueira

Almacenista

Javier Piñeiro

Almacenista

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: