¿DÓNDE ESTÁ LA ALEGRÍA?

Ezequiel Pérez Montes |
Redacción | Actualizado 09 Julio 2014 - 01:48 h. El Ideal Gallego
 

Creo que fue la “chaparrita” Soraya Sáenz de Santamaría la que vino a decir, más o menos, que en las calles ya se notaba cierta alegría. Será en la calle de su chalet, porque lo que es en las calles gallegas acontece lo contrario. Doña Soraya me recuerda a aquel caricato argentino, Pepe Iglesias “el Zorro” que llorando, después de narrar una serie de tribulaciones, acababa diciendo: “Hay una alegría en casa, qué jolgorio” y venga a llorar. Doña Soraya, igual. Porque leo que el 60% de las familias gallegas no pueden pagar vacaciones, que uno de cada cuatro hogares gallegos padecen pobreza energética, que la Fundación Amigos de Galicia teme que los comedores se conviertan en guetos, que 22.000 hogares no pueden mantener su vivienda en una temperatura adecuada, que los gallegos siguen apretándose el cinturón, que entre siete y diez enfermos renales en Galicia regresan cada año a diálisis por fallo del trasplante, que la CIG acusa a Sanidad de eludir el impacto del copago en la salud de los pensionistas, que el rector de Vigo lamenta las “políticas equivocadas” para retener el talento y advierte de que la mala situación laboral de los titulados no es culpa de las universidades.
Así, “ad infinitum”. Pero la guinda al postre tuve que ponerla cuando casi me da un soponcio cuando leí: “Los gallegos son quienes menos confían en políticos, jueces y policías”. Además, “los gallegos se declaran los más insatisfechos con sus vidas, sus trabajos y sus relaciones”. Los gallegos son los más insatisfechos con las áreas recreativas y zonas verdes con las que cuentan en sus lugares de residencia y, a mayor abundamiento, estamos al rabo de España en cuanto a satisfacción respecto a tiempo libre disponible.
Así pues ya ven los amables lectores cómo rezuman de alegría nuestras calles y plazas. No sabemos qué hacer con tanta satisfacción, con tanto derroche de placer. Y menos en La Coruña, donde acabamos de inaugurar  kilómetros y kilómetros de cemento. Creo que de un momento a otro vamos a levantarle un monumento a nuestro feliz alcalde.

Link Artículo

A importancia da lingua para a integración

Marta Otero Rodríguez (*) 17.05.2014 | 03:25 Faro de Vigo

A Sociedade Galega experimentou un profundo cambio nas últimas décadas: maior benestar material, unha menor taxa de natalidade, unha maior esperanza de vida, unha rotura do modelo tradicional de familia... Pero un dos cambios observados dende os anos oitenta, e especialmente na década dos noventa, é que pasou a ser un lugar de emigrantes a selo de inmigrantes, ata a actualidade, onde a poboación autóctona está comezando a emigrar.

A pesares disto, Galicia converteuse nun lugar de chegada de persoas de diferentes partes do mundo, ben pola súa localización xeográfica, ben polas súas posibilidades de emprego no mar, no turismo ou no campo, ben polo nivel de vida...

A inmigración é en moitos dos casos un proceso violento para a persoa, por un lado por deixar toda a súa vida atrás, e outra polo feito de chegar a un país totalmente descoñecido.

En canto se chega a un novo país, son moitas as trabas que se lle poñen. A principal é o idioma, xa que é a base coa que poder comunicarse e establecer relacións con outras persoas. Tamén existen dificultades á hora de adaptarse a outras costumes, a outro estilo de vida... Así como de acceder á sanidade, ós servizos de educación, a unha vivenda digna... Supoñendo todo isto unha limitación para o desempeño ou o acceso ó emprego.

Si a isto lle engadimos a inestabilidade xurídica, os prexuízos étnicos, a desconfianza e o rexeitamento social, o descoñecemento dos dereitos básicos ou o medo a usalos... Isto afectará completamente á integración da persoa inmigrante.

Pese a isto, as políticas de inclusión social foron evolucionando ata o de agora, e un dos eixos fundamentais dos sistemas de acción social avanzados é lograr unha sociedade máis unida e igualitaria.

A principal dificultade que un se atopa cando emigra, como xa dixemos antes, é o idioma. No caso de Galicia, as persoas que deciden asentarse neste territorio, atópanse coa dificultade do idioma galego.

Dependendo do país de orixe, moitas de estas persoas poden apoiarse en que no territorio galego tamén se fala castelán, e pódelles resultar máis doada entenderse en castelán. Pero en moitos outros casos, teñen a dificultade de non comprender ningunha das dúas linguas.

Se temos en conta os postos que soen desempeñar: hostalería, coidado de nenos e maiores.... Soen ser postos onde é importante saber e poder comunicarse coas persoas, dahí a importancia de coñecer o idioma.

Moitas veces as persoas inmigran coas súas familias, sendo os máis cativos, os máis influenciados á hora de aprender o novo idioma, xa que se lles esixe no colexio, así como á hora de comunicarse entre iguais.

Polo que para a integración dunha persoa estranxeira é importante coñecer, entender e saber defenderse na lingua galega xa que supón unha vantaxe á hora de relacionarse ou atopar un traballo. O que suporá unha mellora da súa calidade de vida.

(*) Marta Otero Rodríguez é traballadora social da Fundación Amigos de Galicia.

+

DOUSCENTOS SETENTA E UN MIL SETENTA E TRES

Douscentos setenta e un mil setenta e tres parados. Douscentos setenta e un mil sesenta e tres nomes. Duascentas setenta e un mil setenta e tres historias. Son medos, fracasos, dúbidas… Persoas vindas dun lugar ou outro. Persoas que nunca imaxinaron estar ante a mesa dunha traballadora social, espindo as súas vidas.

Falan de traballos que nunca chegan, de débedas que non atopan modo de emendar, de carencias no máis básico. Falan deses nenos, os seus fillos, que están a vivir unha vida distinta á que eles quixesen darlle.

 

Piden o máis básico. O que as carteiras baleiras non lle permiten comprar. O que a ningún neno ninguén lle podería negar.

 

Son nenos, que viven asumindo que non poden ter o que outros si, que se esforzan en buscarlle porqués ao “non pode ser” dos seus pais. Son nenos, con nomes e apelidos. Quizá, o compañeiro de clase do teu fillo, o fillo da túa veciña, o neno que xoga no parque. Son nenos dunha idade parecida á dos teus fillos, á dos teus sobriños, á dos veciños. Nenos en idade de crecer, de aprender e de xogar.

 

Familias que de súpeto quedaron sen traballo, con prestacións económicas que se esgotaron, con hipotecas que non chegan a poder pagar, con neveiras baleiras e estufas apagadas.

 

Familias como a túa, como a miña.

 

Desgraciadamente, Fundación Amigos de Galicia non axuda a familias afastadas. Mensualmente estanse atendendo as necesidades básicas de alimentación, hixiene e vestimenta de case 30.000 persoas que residen en Galicia, que están empadroadas no mesmo concello que ti, cuxos nenos van ao cole cos teus fillos, e que no seu día, traballaron para a mesma empresa que a túa parella.

 

Pedir a túa colaboración é o menos que desde a entidade podemos facer por eles porque, en boca da Nai Teresa de Calcuta, “Ás veces sentimos que o que facemos é unha gota no mar, pero o mar sería menos se lle faltase unha gota”

 


 

Noelia Romero Gómez

Traballadora Social

 

 

ERRADICAR A POBREZA COMO ACTO DE XUSTIZA

As características comúns que atopamos nos nenos que atendemos na Fundación Amigos de Galicia son en primeiro lugar, a privación, é dicir, a falta de condicións e servizos materiais esenciais para o desenvolvemento; a exclusión, a través da cal a dignidade, a voz e os dereitos dos nenos son ameazados ou mesmo negados, e a vulnerabilidade, que é definida como a ineficiencia da sociedade de poder controlar ameazas existentes nas súas contornas que atentan contra os nenos.

 

España é, segundo recentes estudos, un dos países con maior índice de pobreza infantil e de fracaso escolar no mundo industrializado. Así o reflicte un informe que coloca o noso país no posto 19 dos 29 analizados.

 

A situación de desemprego actual e a existencia de condicións marcadas pola precariedade e a incerteza do futuro que viven en casa, xeran que o suxeito reduza as súas interaccións e relacións institucionais, sendo desprazado cara ás marxes da sociedade.

 

Só se logrará minimizar o impacto da pobreza na infancia, si de maneira individual, familiar, institucións e organismos públicos que o conforman e organizacións sen ánimo de lucro como Fundación Amigos de Galicia, somos capaces de integrarnos e armar un tecido político e social que permita sentar as bases do desenvolvemento humano.

 

“A pobreza non é natural, é creada polo home e pode superarse e erradicarse mediante accións dos seres humanos. E erradicar a pobreza non é un acto de caridade, é un acto de xustiza” Nelson Mandela.

 

Marina Vega Ferreira

Psicóloga 

SEN LIBERDADE INDIVIDUAL NON PODE EXISTIR A COLECTIVA

 

Na reunión que mantiven, nunha casa de protocolo, co Xeneral da División e Heroe da República de Cuba, José Ramón Fernández Álvarez, tamén chamado “Gallego” Fernández (orixinario de Asturias); quedei absolutamente impresionado co carisma que posúe este home. Sendo o único estranxeiro que foi nº 1 da súa promoción na Academia Militar de West Point en EE.UU.

“Gallego” Fernández é un gran coñecedor de América, América Latina, España e África. Él pediume que falase libremente e comenteille, sen pudor, que sen Liberdade individual non existe a Liberdade colectiva e o mesmo ocorre coa Economía. Se non existe unha Liberdade de Mercado, respectando as regras democráticas establecidas, non existirá o progreso colectivo e camiñaremos cara a unha cultura que premie a vagancia e non ó traballo, ó cal nos conduce o sistema imperante.

Cando nunha Sociedade, os poderosos, xa sexan políticos ou os que manexan a economía, están por encima das leis, estamos abocados á tiranía, a inxustiza e incluso á corrupción que soportamos estoicamente nestes tempos.

Os Dereitos Humanos que consagran a igualdade de homes e mulleres fala exactamente sobre esta idea da que falo, o necesario desenvolvemento individual de todas as persoas, para así conseguir unha sociedade CULTA, XUSTA E SOLIDARIA.

 

 

 

JESÚS BUSTO PETEIRO

Director Xeral

O SORRISO DUN NENO

 

A ONU na Convención sobre os Dereitos do Neno, establecida o 20 de Novembro de 1989, expón resumidamente, que os nenos teñen dereito á vida,  á supervivencia e o desenvolvemento, á non discriminación, e á participación, esta inclúe, o dereito á alimentación,  á educación, a non ser explotado, a xogar e a non sufrir ningún tipo de violencia.

Cando un neno recibe por primeira vez un paquete de alimentos, nun primeiro momento alégrase, pero co tempo pensa  porqué a súa mamá non pode comprar a comida no supermercado, a roupa nunha tenda, ou mesmo os xoguetes de nadal ou agasallos de aniversarios, como os demais nenos da súa clase.

Estes nenos viven unha serie de dificultades familiares, que os fan madurar antes de tempo, pasando desapercibida a nenez. Son conscientes de que unhas persoas  teñen todo e outras non, vivindo as desigualdades sociais a diario e sufrindo con tristeza o non poder gozar como outros nenos.

A conciencia solidaria da sociedade debe apoiar a estas familias. Non podemos pechar os ollos ante esta situación, non só preocuparnos, senón ocuparnos,  actuando cos medios necesarios e procurar que loiten para saír desta situación. Para que estes nenos vexan e aprendan que do esforzo e do traballo, coa axuda de todos, podemos lograr que non existan estas desigualdades. Debemos conseguir que estes nenos se deixen de repetir “por qué non podo” e empecen a dicir “eu podo”.  

A sociedade co tempo conseguirá mediante a integración social e laboral destes mozos menos desigualdades sociais, menos violencia nas rúas, menos consumo de drogas e unha sociedade máis CULTA, XUSTA E SOLIDARIA.

 

 

JESÚS BUSTO PETEIRO

Director Xeral

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: