Programas de emprego e formación

Programas de emprego e formación

FAG Emprego

A Fundación Amigos de Galicia, conta coa Axencia de Colocación con I.D. 1200000013, FAG Emprego, autorizada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Servizo de Orientación Laboral

Fundación Amigos de Galicia institúese como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia. 


 

Un Novo Camiño

"Un Novo Camiño" é un programa de implementación de itinerarios personalizados co obxectivo de:


  • Mellorar a situación persoal e social das mulleres participantes
  • Acadar a inseción sociolaboral das mulleres participantes
  • Lograr o empoderamento persoal e social das mulleres participantes
  •  Incrementar o nivel de autoestima e autoconcepto das mulleres participantes

 

EM-FEMENINO

Fundación Amigos de Galicia desenvolve un programa de emprego femenino na provincia de A Coruña, que promove a equidade de oportunidades para persoas que, por razóns vinculadas o seu xénero, teñen maiores dificultades de acceso ó emprego.


 

Ponte_Coemprego

 Ponte_Coemprego  é un proxecto levado a cabo por Fundación Amigos de Galicia na provincia de Pontevedra. Este proxecto está dirixido á integración laboral dos colectivos con maior dificultade de acceso ó emprego, principalmente persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas inmigrantes residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra. 

INSERTA

O proxecto INSERTA ten como finalidade a promoción no mercado de traballo de persoas residentes nalgún dos concellos da provincia de Ourense, mellorando a súa empregabilidade mediante o desenrolo de Itinerarios de Inserción Personalizados que fomentan as súas capacidades e habilidades orientados á busca activa de emprego.


Share by: