A Voz da Igualdade


Fundación Amigos de Galicia leva a cabo o programa de sensibilización en materia de igualdade, violencia de xénero, autoestima e apoderamento das mulleres "A Voz da Igualdade".

Este programa consiste na realización de charlas dirixidas ás mulleres en situación de vulnerabilidade, vulnerabilidade á violencia de xénero e mulleres rurais de diferentes municipios de Galicia.

O obxectivo deste programa é promover a igualdade de xénero e a loita contra a violencia dende o apoderamento así como mellorar a autoestima e a autonomía persoal das persoas usuarias. O programa pretende ser unha aposta pola inclusión das mulleres dende o apoderamento, o que lles permitirá iincrementar a súa capacidade de configurar as súas propias vidas e o seu entorno, traballando dende a identidade e a autoestima, a autonomía persoal, mostrando outros exemplos de feminidade.


Este programa está sendo cofinanciado pola Secretaría Xeral de Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita conta a violencia de xénero.

Solicita o taller/guía

Este programa conta co apoio de:

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.

Share by: