Voluntariado Xuvenil - Meniños en Igualdade

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, financia a través da ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, os gastos de manutención e desprazamento de 8 rapaces/as que durante 6 horas diarias, colaboran un total de 60 días dentro do Programa "Meniños en Igualdade" - un programa que ten por obxectivo acadar a igualdade de oportunidades socioeconómicas dos/as menores das familias atendidas, cubrir as súas necesidades básicas no eido da hixiene mediante a distribución de produtos hixiénicos, as necesidades de vestimenta e calzado, facilitar material escolar para garantir que accedan ao novo curso co material que precisan e entregar un xoguete novo a todos/as os/as menores na campaña de Nadal.