Voluntariado Senior

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, financia a través da ORDE do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Senior, os custos de desprazamento e manutención de 8 persoas que durante 3 horas ao día, colaboraron un total de 60 días. 

 

O Programa "Co teu tapón unha nova ilusión", ten como obxectivo a sensibilización da sociedade galega sobre a necesidade de respecto ao medio ambiente, a reciclaxe de tapóns de plástico  e o pago de terapias non cubertas pola Seguridade Social para menores, con residencia en Galicia, que presentan diversidade funcional e que precisan das terapias para a mellora da súa calidade de vida.