"UN NOVO CAMIÑO"

Un Novo Camiño enmárcase en subvencións a entidades sen ánmimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia da Secretaría Xeral de Igualdade, cofinanciadas polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
Ten por finalidade a inserción laboral das usuarias participantes cun mínimo do 21% de insercións garantizadas. 
 
Para tal fin, Fundación Amigos de Galicia otorga un peso importante á prospección laboral e á atención individualizada. Para o desenvolvemento do mesmo cóntase co traballo de unha orientadoral laboral e coa experiencia en inserción da Fundación. 
 
A quen vai dirixo?
 
Mulleres en situación de violencia de xénero.
 
Que facemos?
 
Itinerarios de inserción: valorando as competencias persoais e deseñando un plan de acción personalizado para a busca de emprego de cada participante. Entre as accións a desenvolver, están as seguintes:
 
Orientación profesional e asesoramento laboral para o emprego.
 
Busca activa de emprego con acompañamento laboral e seguimento das insercións.
 
Intermediación e prospección laboral para a xestión das ofertas de traballo. 
 
Formación: formación específica acorde aos perfís persoais das participantes, levando a cabo cursos tales como:
• Competencias Dixitais orientadas á busca de emprego
• Obradoiro de Habilidades Sociais: como enfrontarse a unha entrevista de traballo.
• Habilidades Comunicativas para a Atención ao público
• Operacións básicas de limpeza
• Atención e coidado de persoas dependentes
• Operaria en cocedoiro de marisco
 
Prácticas non laborais: realización de prácticas para dotar ás participantes de experiencia nos sectores profesionais nos que estean interesadas.
 

Mulleres atendidas: 28 - (20 de Vilagarcía, 8 de Pontevedra).