TECENDO CON FÍOS DE CORES

 

Accións/ actividades destinadas á traballar a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como a defensa dos dereitos de liberdades das persoas e colectivo LGTBQI, dentro da área territorial do concello de Santiago de Compostela, traballando en levar a cabo accións tales como; proporcionar información específica á cidadanía sobre a temática, levando a cabo accións entre iguais así como actividades de sensibilización/ normalización con respecto ó tema referido, entre xullo e setembro de 2019- duración do programa dende xuño ata setembro-.

 

          OBXECTIVOS;

 

  • Concienciar á poboación sobre a temática referida -igualdade entre mulleres e homes e defensa dos dereitos das persoas LGTQI-.
  • Fomentar a Igualdade de oportunidades entre as persoas, sen facer discriminación de ningún tipo.
  • Realizar tarefas de prevención de situacións de violencia de xénero.
  • Realizar tarefas de identificación de situacións de violencia de xénero.
  • Fomentar o empoderamento femenino.
  • Traballar na acción/concepto da corresponsabilidade/conciliación familiar entre as partes.
  • Promover a importancia da incorporación na sociedade da linguaxe non sexista.
  • Promover a educación en valores.
  • Normalizar conceptos socialmente estereotipados con respecto as persoas LGTBQI.
  • Promover a erradicación do bullyng LGTBIFÓBICO.


    ACTIVIDADES;

 

As actividades que se enmarcan dentro deste proxecto son as seguintes:

 

  • Realizar accións de sensibilización e fomento da igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes.
  • Formar á cidadanía en valores de igualdade de oportunidades entre as persoas.
  • Actividades de fomento da corresponsabilidade, conciliación familiar, reparto de tarefas e de coidado.
  • Actividades relacionadas ca autoestima e o empoderamento.
  • Actividades de formación en linguaxe non sexista.
  • Actividades de información/ sensibilización sobre roles e estereotipos de xénero.
  • Actividades para visibilizar o papel das mulleres na historia.
  • Actividades de información dirixidas a mulleres en risco de exclusión social.
  • Actividades de información dirixidas a mulleres do eido rural.
  • Actividades de información, prevención e sensibilización das violencias machistas.
  • Actividades de sensibilización á cidadanía para a prevención, detección e denuncia de situacións de violencia contra as mulleres.
  • Actividades de prevención da discriminación por razón de sexo, de orientacion sexual ou identidade de xénero.
  • Actividades de información, sensibilización contra os estereotipos e prexuízos das persoas LGTBQI.
  • Actividades de promoción e normalización dos dereitos das persoas LGTBQI.
  • Actividades de información e sensibilización contra a LGTBIFÓBIA.
  • Actividades dirixidas á loita e prevención contra o bullyng LGTBIFÓBICO.

 

Este programa conta coa subvención do Concello de Santiago, dentro das Subvencións para o fomento de programas e actividades en prol