O teu tapón é o seu sorriso 

Subvención para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil  da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, financia a través da ORDE do 16 de abril de 2018 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, os gastos de manutención e desprazamento de 8 rapaces e rapazas que durante 6 horas diarias, colaboran un total de 60 días facendo tarefas de voluntariado dentro do noso programa O TEU TAPÓN É O SEU SORRISO. 

 

En que consiste O TEU TAPÓN É O TEU SORRISO?

 

Na actualidade, Fundación Amigos de Galicia está a desenvolver unha campaña de recollida de tapóns de plástico para mercar Traxes de Superheroes co obxectivo de proveer ao centro de Amencer Aspace (Pontevedra) dun PROGRAMA SPIDERSUIT, de cara a poder proporcionar aos menores do centro de Amencer-Aspace e aos nenos e nenas derivados/as por Fundación Amigos de Galicia dun programa personalizado de fortalecemento intensivo e personalizado para menores con trastornos neuromotores.  

 

O Programa Spidersuit está previsto de cinco traxes distintos - con cinco tallas para garantir o acceso a todos os menores- poleas e o sistema de Unidade de Exercicios Universal; e ten un custo de 12.537,67€, que serán costeados por Fundación Amigos de Galicia mediante campaña de recollida de tapóns de plástico. 

 

Para iso será preciso recadar a cantidade de 47.782.453 unidades de tapóns de plástico.

 

Fundación Amigos de Galicia ven desenvolvendo campañas de recollidas de plástico para financiar terapias –non cubertas pola Seg.Social para nenos/as que así o precisan, dende 2010.  

 

 

 

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO:


▪ Sensibilización da sociedade galega sobre a necesidade de respecto ó medio ambiente.
▪ Reciclaxe de tapóns de plástico.
▪ Pago de terapias non cubertas pola Seguridade Social para menores, con residencia en Galicia, que presentan diversidade funcional e que precisan das terapias para a mellora da súa calidade de vida.

 


ACTIVIDADES DO PROXECTO:


Actividade nº 1: Sensibilización da sociedade galega sobre a necesidade de respecto ó medio ambiente.


Co desenvolvemento deste proxecto, se pretende sensibilizar á sociedade galega sobre a importancia da reciclaxe, e máis concretamente, da reciclaxe de tapóns de plástico, material que tarda en descompoñerse máis de mil anos e que por tanto, provoca unha alta contaminación do medio natural.


A estas campañas de recollida de tapóns de plástico se lles da unha dobre finalidade: a primeira, claramente necesaria, que é a reciclaxe dun
material tan agresivo para o entorno e o fomento duns hábitos de reciclaxe que contribúan ó respecto do medio ambiente, e unha segunda finalidade que é a de destinar os cartos recadados mediante a recollida e a reciclaxe de tapóns de plástico ó pago de terapias non cubertas pola Seguridade Social para nenos/as que residindo en Galicia, e padecendo diversidade funcional, precisan das mesmas para a mellora da súa calidade de vida e a situación económica das súas familias non lle permite acceder ás mesmas.

 
Actividade nº 2: Reciclaxe de tapóns de plástico: 


É neste punto concreto no que as persoas voluntarias do proxecto colaborarán en maior medida.
Fundación Amigos de Galicia ven desenvolvendo campañas de recollidas de plástico para financiar terapias –non cubertas pola Seg.Social para nenos/as que así o precisan, dende 2010.


No ano 2017, conseguimos reciclar case 66.000 quilos de tapóns de plástico, cos que podemos obter os cartos que precisaban distintos
menores para o pago das terapias que necesitaban en cada caso.


Fundación Amigos de Galicia conta con distintos puntos de recollida de tapóns de plástico no que as persoas poden depositar os seus tapóns de  plástico –a nivel de todo Galicia- (documento adxunto). Tras a recollida e cos tapóns xa depositados nunha das naves que a entidade ten para tal fin se  realiza o filtrado, é dicir, se comproban que os tapóns de plástico que foron recollidos son válidos –eliminando outros residuos non válidos, tales  coma tapóns de outros materiais, tapóns blandos –coma tapas de margarinas e queixos...- e pasando as pequenas bolsas recollidas a big bags para levar á recicladora.


Actividade nº 3: Pago de terapias non cubertas pola Seguridade Social para menores, con residencia en Galicia, que presentan diversidade funcional e que precisan das terapias para a mellora da súa calidade de vida.


Unha vez ó mes, a empresa recicladora, sita en A Cañiza, nos emite unha factura total pola cantidade de quilos de tapóns recibidos, na
que abona a cantidade pactada por cada tonelada –concretamente, 270€ por tonelada-. Esta cantidade se ingresa nunha conta dende a que
se pagan os tratamentos pechados para as distintas campañas, directamente ás clínicas ou ós proveedores.

 

Duración do proxecto:  10 de xullo ata o 15 de outubro, de luns a venres.