PROSERDE XII 2018 -2019

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

 

 

Subvención da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro, equivalente aos custos salariais dos/as traballadores/as contratados/as, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 10 traballadores/as desempregados/as  para a realización do servizo PROSERDE XII. 

 

Nº DE EXPEDIENTE: TR352A 2018/137-0 

DATA DE INICIO: 04/12/2018

DATA FIN: 03/09/2019

DESCRICIÓN DO SERVIZO:

A- Acollida e formación dos/as traballadores/as contratados/as.

B- Desenvolvemento do proxecto Proserde XII.

 

 

 “PROXECTO PROSERDE XII”

 

 

Entendendo por pobreza a carencia e/ou limitación de recursos económicos para satisfacer as necesidades básicas das distintas unidades familiares, que inflúen na calidade de vida das persoas, Fundación Amigos de Galicia, proporcionou, mediante  o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión total, durante o ano 2017, un total de 41.984 atencións, das que 15.590 foron a menores.  
 
Fundación Amigos de Galicia dirixe as súas actuacións a familias en situación ou risco de exclusión social: familias en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos con menores ao seu cargo, parados de longa duración, familias monoparentais con fillos, mulleres víctimas de violencia de xénero… así como outros colectivos que puidesen estar en situación ou risco de exclusión social. Cabe destacar un incremento anual nas demandas recibidas nos últimos anos. Este incremento de usuarios é causa lóxica da crise económica que estamos a vivir, cun mercado de traballo escaso de ofertas, que pon trabas, especialmente, a aqueles colectivos máis vulnerables.  
 
Para desenvolver o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, Fundación Amigos de Galicia traballa en colaboración, con cincuenta e tres concellos de toda Galicia, no que son os técnicos de Servizos Sociais de Atención Primaria, os que derivan os casos de urxente necesidade para seren atendidos, de modo mensual,  pola Fundación Amigos de Galicia.  
 
Unha vez recibida a demanda, o/a traballador/a social da entidade, valora a idoneidade da axuda, incluíndo, de ser viable, á familia no Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, e dando cobertura, deste xeito, ás necesidades alimenticias, de vestimenta e calzado, de produtos de hixiene persoal, de material escolar, de xoguetes, mobles e enseres do fogar, de pago de débedas… que dentro da unidade familiar se puidesen contemplar, traballando por evitar que a carencia de recursos económicos destas unidades familiares derive na exclusión social das mesmas, ofertándolle, ademais, un servizo de intermediación laboral que traballe na mellora das súas capacidades de cara a acadar a súa inclusión no mercado de traballo, inclusión que lle permitiría, dar resposta, por si mesmos, as súas propias necesidades e ás dos menores ó seu cargo. 
 
Pero, Fundación Amigos de Galicia, non limita as súas actuacións a concellos con convenios de colaboración ou outro tipo de axudas, dado que existen outros concellos de Galicia con familias en situacións de necesidade. Os técnicos sociais da entidade valoran a veracidade das situacións de necesidade, mediante a solicitude de documentación que constate dita situación e visitas a domicilio, se procede. A partir de aí, se inclúen no Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, pasando a recibir, de modo mensual, aquelas axudas que, dentro das súas necesidades básicas, puidesen precisar, ademais de poder facer uso do servizo de intermediación laboral que lles oferta distintas actuacións formativas así como un asesoramento e orientación individualizada enfocada a mellorar as capacidades das persoas de cara a acadar súa inclusión laboral.  
 

 

PLAN DE EMPREGO E FORMACIÓN

 

 

A Fundación Amigos de Galicia está  levando a cabo unha  iniciativa  de promoción e consolidación de postos de traballo na comunidade autónoma de Galicia, respondendo a unha estratexia de desenvolvemento  “para” e “por” a poboación.  Este programa representa unha  aposta firme da entidade cuxa finalidade é facilitar a inserción  no mercado laboral de todas aquelas persoas que por razóns de idade, sexo, cargas familiares e carencias formativas forman parte dos colectivos máis desfavorecidos, incentivando e facilitando a formación das persoas en situación de desemprego, mediante o desenrolo de cursos de formación que contribúan a fomentar as capacidades das persoas de cara a acadar a súa incursión no mercado de traballo. 
 
Obxectivos do Plan
 Inserción sociolaboral de persoas que por razóns de idade, sexo, cargas familiares e carencia de formación forman parte dos colectivos máis desfavorecidos de cara a busca de emprego.
 Promoción e apoio de iniciativas de autoemprego no ámbito dos novos xacementos, relacionados coa prestación de servizos de atención a colectivos con especiais dificultades.
 Formación das persoas usuarias do Plan, de cara a capacitación das mesmas de modo que se facilite a súa inserción no mercado de traballo.  
 
Destinatarios
Os requisitos dos que deben cumprir os destinatarios directos son:
 Ser demandantes de emprego inscritos no servizo público de emprego.
 Ser maiores de 18 anos.
 Con prioridade ós seguintes colectivos;
-Mulleres vítimas de violencia de xénero
-Persoas novas menores de 30 anos
-Persoas maiores de 45 anos
-Parados de longa duración e pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.