PROSERDE XI 2017 - 2018

PROGRAMA DE COOPERACIÓN XUNTA DE GALICIA

 

Subvención para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro, equivalente aos custos salariais dos/as traballadores/as contratados/as, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 3 traballadores/as desempregados/as 1º e 2º oficial (3 deles muller´vítima)

 para a realización do servizo PROSERDE XI. 

 

Nº DE EXPEDIENTE: TR352A 2017/120-0

DATA DE INICIO: 30/12/2017

DATA FIN: 30/12/2018

 

 

 “PROXECTO PROSERDE XI”

 

 

Entendendo por pobreza a carencia e/ou limitación de recursos económicos para satisfacer as necesidades básicas das distintas unidades familiares, que inflúen na calidade de vida das persoas, Fundación Amigos de Galicia, proporcionou, mediante  o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión total, durante o ano 2016, un total de 42.470 atencións, das que 15.728 foron a menores.

 

Fundación Amigos de Galicia dirixe as súas actuacións a familias en situación ou risco de exclusión social: familias en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos con menores ao seu cargo, parados de longa duración, familias monoparentais con fillos, mulleres víctimas de violencia de xénero… así como outros colectivos que puidesen estar en situación ou risco de exclusión social. Cabe destacar un incremento anual nas demandas recibidas nos últimos anos. Este incremento de usuarios é causa lóxica da crise económica que estamos a vivir, cun mercado de traballo escaso de ofertas, que pon trabas, especialmente, a aqueles colectivos máis vulnerables.

 

Para desenvolver o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, Fundación Amigos de Galicia traballa en colaboración, con cincuenta e oito concellos de toda Galicia, no que son os técnicos de Servizos Sociais de Atención Primaria, os que derivan os casos de urxente necesidade para seren atendidos, de modo mensual,  pola Fundación Amigos de Galicia.

 

Unha vez recibida a demanda, o/a traballador/a social da entidade, valora a idoneidade da axuda, incluíndo, de ser viable, á familia no Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, e dando cobertura, deste xeito, ás necesidades alimenticias, de vestimenta e calzado, de produtos de hixiene persoal, de material escolar, de xoguetes, mobles e enseres do fogar, de pago de débedas… que dentro da unidade familiar se puidesen contemplar, traballando por evitar que a carencia de recursos económicos destas unidades familiares derive na exclusión social das mesmas, ofertándolle, ademais, un servizo de intermediación laboral que traballe na mellora das súas capacidades de cara a acadar a súa inclusión no mercado de traballo, inclusión que lle permitiría, dar resposta, por si mesmos, as súas propias necesidades e ás dos menores ó seu cargo.

 

Pero, Fundación Amigos de Galicia, non limita as súas actuacións a concellos con convenios de colaboración ou outro tipo de axudas, dado que existen outros concellos de Galicia con familias en situacións de necesidade. Os técnicos sociais da entidade valoran a veracidade das situacións de necesidade, mediante a solicitude de documentación que constate dita situación e visitas a domicilio, se procede. A partir de aí, se inclúen no Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, pasando a recibir, de modo mensual, aquelas axudas que, dentro das súas necesidades básicas, puidesen precisar, ademais de poder facer uso do servizo de intermediación laboral que lles oferta distintas actuacións formativas así como un asesoramento e orientación individualizada enfocada a mellorar as capacidades das persoas de cara a acadar súa inclusión laboral.