PROGRAMA DE RECURSOS INTEGRAIS PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE E/OU VIOLENCIA DE XÉNERO

Programa de recursos integrais para mulleres en situación  de vulnerabilidade e/ou violencia de xénero, é subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo con cargo ao Programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Mediante o desenvolvemento do programa se presta atención social, psicolóxica, laboral e/ou xurídica, en función das súas necesidades a mulleres en situación de vulnerabilidade e/ou violencia de xénero.

 

PERÍODO DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

 

Do 01/10/201/ - 30/09/2018

 

Obxectivos e necesidades sociais que se cubren:

 

  • Asesoramento psicolóxico ás mulleres que sofren, sufriron ou están en risco de sufrir violencia de xénero.
  • Asesoramento xurídico. 
  • Orientación laboral, enfatizando as súas capacidades e xestionando cursos que promovan as súas aptitudes. 
  • Información sobre recursos e prestacións. 
  • Procura da inserción laboral.
  • Satisfacer as súas necesidades básicas.
  • Facilitación de aportacións económicas puntuais.



Ó programa é desenvolto polo seguinte equipo humano:

-Traballadora Social
-Orientador/a Laboral
-Integradora Social
-Asesor Xurídico
-Psicólogo

 

 

ÁMBITO DE ACTUACIÓN DO PROGRAMA:

 

A localización territorial do programa é a com. Autónoma de Galicia, atendendo a usuarias de distintos puntos da xeografía galega. Para facer efectiva dita localización, a entidade conta con distintas sedes, expostas a continuación:

 

  • Avda de Lugo nº 115- Santiago de Compostela
  • Avda López Ballesteros nº 9- Vilagarcía de Arousa
  • Avda de Portugal nº 59- Ourense
  • Casa da Luz s/n- Praza da Verdura- Pontevedra