Este programa está dirixido a aquelas persoas que sufriron, están a sufrir ou poderían sufrir, violencia de xénero na provincia de Pontevedra; ofertando unha serie de servizos, en función das súas necesidades, no eido do asesoramento psicolóxico, asesoramento xurídico, asesoramento laboral e apoio social ás familias vinculadas á violencia de xénero, desenvolvendo, tamén, accións vinculadas ó eido da prevención da violencia de xénero, prioritariamente, ás persoas que polas súas características persoais e de xénero e o seu entorno social e/ou familiar puideron ser susceptibles ó maltrato físico, verbal e/ou psicolóxico. 

 

ACTUACIÓNS DESENVOLTAS

  1. Reforzo á propia estima das persoas, evitando que puideser ser, ou voltar a ser, vítimas de violencia de xénero, favorecendo a percepción que teñen sobre si mesmas e por tanto, a valoración sobre as relacións sociais ou persoais que estableceron.

 →Dirixido a 94 mulleres.

 

  1.  Oferta dun asesoramento xurídico ás persoas usuarias do programa que así o precisaron.

→Dirixido a 29 mulleres.

 

 

  1. Oferta de asesoramento psicolóxico ás usuarias do programa, con accións específicas diferenciadas para as usuarias que están en risco, a sufrir, ou sufriron nalgún momento das súas vidas, violencia de xénero.

→Dirixido a 41 mulleres.

 

 

  1. Oferta dun servizo de apoio social para todas aquelas persoas que por ser vítimas de violencia de xénero e ter que asumir soas cargas familiares, puidesen precisar axuda que facilitase a conciliación da vida familiar e laboral, axuda na cobertura das súas necesidades básicas, ou axuda específica que impedise que iniciasen un proceso de exclusión social, por ser un colectivo especialmente vulnerable.

→Dirixido a 72 mulleres.

 

  1. Oferta de calquera outro tipo de axuda que este colectivo puidese precisar e que incidise na mellora das súas condicións de vida.

→Dirixido a 31 mulleres.

 

  1. Reforzo ó grupo de apoio ofertado por persoas que sufriron violencia de xénero e enfocado a persoas que polas súas características persoais e do entorno que lles rodease, estaban en risco de padecer violencia de xénero, traballando, por tanto, na vía da prevención.

→Dirixido a 46 mulleres. 

 

 

Temporalización do proxecto: 01.01.2017 a 31.12.2017

 

 

AVALICIÓN DO PROXECTO

 

 

-Persoas vulnerables á violencia de xénero que, a raíz do programa, reforzaron a súa autoestima. (94 mulleres)

 

-Persoas en situación de violencia de xénero que teñen, a raíz do programa, teñen acceso a asesoramento xurídico, laboral e/ou psicolóxico. (94 mulleres)

 

-Mulleres que formando parte do grupo de autoaxuda, saen reforzadas. / Persoas que acoden ó grupo de autoaxuda (46 mulleres)

 

-Persoas que reciben un apoio social urxente que garante, a pesar da súa vulnerabilidade, que poidan ser satisfeitas as súas necesidades máis básicas e urxentes. (71 mulleres)

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: