Este programa - subvencionado pola Deputación de Pontevedra - vai dirixido a aquelas persoas con residencia nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra que sufriron, están a sufrir ou poderían sufrir, violencia de xénero, ofertando unha serie de servizos, en función das súas necesidades, no eido do asesoramento psicolóxico, asesoramento xurídico, asesoramento laboral e apoio social ás familias vinculadas á violencia de xénero, desenvolvendo, tamén,  accións vinculadas ó eido da prevención da violencia de xénero, prioritariamente, as persoas que polas súas características persoais e de xénero e o seu entorno social e/ou  familiar puideron ser susceptibles ó maltrato físico, verbal e/ou psicolóxico.
 
Debido á existencia dun gran número de mulleres vítimas de violencia de xénero, xurde a necesidade de ofertar, de modo gratuíto, servizos específicos orientados as súasnecesidades concretas; tales como:
 
-Servizo psicolóxico, orientado ás persoas en risco de sufrir violencia de xénero, a aquelas que estaban a sufrir algún tipo de violencia -tanto física, como verbal- e a aquelas que foron, nalgún momento das súas vidas, vítimas de violencia de xénero.
-Servizo xurídico, orientado a dar resposta ós trámites xurídicos e as consultas que puideran ter as usuarias do programa.
-Servizo de intermediación laboral, orientado a dar apoio na elaboración de  currículums vitae e cartas de presentación, realizar itinerarios de inserción personalizada e a intermediar con empresas que puideran ter interese na contratación de persoas acordes ó perfil presentado por éstas.
-Servizo de atención ás necesidades sociais, de cara a que estas familias tivesen cubertas todas as súas necesidades básicas, contemplando cambios de residencia, así como a necesidades de servizos que facilitasen a intermediación social e laboral.
 
TEMPORALIZACIÓN
01.01.2018 a 31.12.2018
 
O nº de mulleres que participaron neste proxecto, foi o total de 60 mulleres, e como ben se dixo, cada unha contou, tras valoración profesional técnica, con un plan de intervención específico segundo a súa situación concreta.