Programa de primeira atención, inmediata, a persoas en situación de necesidade urxente

 

O número de persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social é un dos indicadores máis fiables do grado de desenvolvemento social
alcanzado por un país. A erradicación destes fenómenos supón, por tanto, un dos obxectivos prioritarios ós que, como sociedade, debemos dar cumprimento. Como traba, a actual conxuntura económica que supón un empuxe á exclusión social.


Fundación Amigos de Galicia desenvolve este programa de primeira atención, inmediata, a persoas en situación de necesidade urxente de cara á resposta ás necesidades máis básicas das persoas que ademáis das necesidades pendentes de cobertura presentan unha casuísta común, acoden por primeira vez a demandar axuda a unha entidade social e por tal, precisan dunha atención específica desenvolta por profesionais cualificados a tal efecto.


Descrición do contido do programa


Actuacións concretas dentro do programa:
Valoración feita por persoal técnico das u.familliares demandantes de axuda, previa incorporación ó programa.
Valoración das necesidades concretas de cada u.familiar.
Emtrega dos paquetes alimenticios en función das necesidades concretas da u.familiar.
Entrega de prod de vestimenta e/ou calzado en función das necesidades concretas da u.familiar.
Entrega de prod. de hixiene persoal, en función das necesidades concretas da u.familiar
Cobertura de outras necesidades básicas en función das necesidades detectadas.
Outros apoios sociais que precisen
Valoración da u.familiar tras intervención por se é preciso darlle continuidade na entidade a través doutros programas.


Obxectivos que se pretenden acadar co programa


Cobertura inmediata ás necesidades básicas das persoas cando estas se atopen en situación de urxencia, poro carencia e/ou limitación de
recursos económicos, evitando así o seu desamparo e/ou exclusión social.
Este programa financia a primeira atención, de carácter inmediato, coas persoas en situación de urxencia, por carencia e/ou limitación de
recursos económicos, evitando así o seu desamparo e/ou exclusión social.
Este programa financia a primeira atención, de caracter inmediato, coas persoas en situación de urxencia. As persoas atendidas mediante este programa, son derivadas, posteriormente, a outros programas.

 

Este programa conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a realizar programas de iinterese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas