PROGRAMA DE PRIMEIRA ATENCIÓN, INMEDIATA, A PERSOAS EN SITUACIÓN DE NECESIDADE URXENTE 

O número de persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social é un dos indicadores máis fiables do grado de desenvolvemento social alcanzado por un país. A erradicación de estes fenómenos supón, por tanto, un dos obxectivos prioritarios ós que, como sociedade, debemos dar cumprimento. Como traba, a actual conxuntura económica que supón un empuxe á exclusión social. 

 

 

Fundación Amigos de Galicia desenvolve este programa de primeira atención inmediata, de cara a conseguir dar resposta ás necesidades básicas das persoas demandantes de axuda en situación constatada de necesidade, coordinando todas as actuacións cos departamentos de Servizos Sociais dos concellos e directamente  cos servicios sociais da Fundación, de todas as persoas que se dirixen directamente a mesma previa presentación da documentación necesaria e a valoración das súas necesidades e a atención tamén dos servicios que presta a Fundación como axencia de emprego para estudar a súa posibilidade de inserción laboral. 

 

O obxectivo do programa se centra na loita contra a pobreza infantil e no apoio ós colectivos vulnerables, entre os que se atopan os seguintes: familias monoparentais con menores a cargo, familias con persoas dependentes o seu cargo, parados de longa duración con fillos a cargo, persoas inmigrantes, minorías étnicas en situacións precarias, beneficiarios de pensións mínimas con cargas familiares, emigrantes retornados, persoas incapacitadas para o traballo, persoas con diversidade funcional e outros persoas ou colectivos en situación ou de exclusión social.

 

Destaca a necesidade dunha primeira atención profesionalizada e protocolizada, que atenda non só a necesidade explícita, senón tamén a situación emocional pola que as persoas usuarias están a pasar.

 

Perfil das persoas usuarias: 

 

Nos cinco últimos anos, Fundación Amigos de Galicia constatou un incremento de “novos perfís de pobreza”, pero tamén, unha evolución dos perfís de vulnerabilidade, manifestando un aumento nas solicitudes de axuda por persoas e/ou unidades familiares que, ata a data, non serían calificadas como en risco de exclusión social con rendas moi baixas e fillos ó seu cargo.

 

Por tanto, os/as usuarios/as do Programa son os colectivos máis necesitados da nosa comunidade, entendendo por tal, as persoas físicas, individuais e/ou familias, cuia situación de necesidade está debidamente constatada, priorizando aquelas unidades familiares que, pola súa situación sociofamiliar, se atopan en situación de especial vulnerabilidade: unidades familiares con menores e/ou maiores o seu cargo, familias monoparentais, familias con persoas con diversidade funcional e/ou incapacitadas para o traballo, minorías étnicas, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores con pensións mínimas e etc.

 

Actuacións concretas do programa: 

 

  • Valoración feita por persoal técnico das unidades familiares demandantes de axuda, previa incorporación ó programa. En dita valoración se constata a situación de necesidade na que din atoparse. Ademais, dentro de esta fase, tamén se establece a coordinación oportuna cos Departamentos de Servizos Sociais dos distintos concellos de residencia das familias.
  • Valoración das necesidades concretas de cada unidade familiar incorporada ao programa, en colaboración, se procede, co persoal técnico do Departamento de Serizos Sociais do concello.
  • Entrega de paquete alimenticio (ou cesta da compra mensual), en función das necesidades concretas da unidade familiar. Dito paquete contén a totalidade de produtos alimenticios, perecedoiros e non perecedoiros, que a unidade familiar precisa para dar por satisfeita as súas necesidades neste ámbito.
  • Entrega de produtos de vestimenta e/ou calzando, en función das necesidades concretas da unidade familiar atendida.
  • Entrega de produos de hixiene persoal, en función das necesidades concretas da unidade familiar.
  • Entrega de mobiliario e/ou outros enseres do fogar, en función das necesidades das distintas unidades familiares.
  • Cobertura doutras necesidades básicas en función das necesidades detectadas.
  • Outros apoios sociais que precisen
  • Valoración da unidade familiar tras a intervención por se é preciso darlle continuidade na entidade a través doutros programa

 

Obxectivos do programa: 

 

O principal obxectivo deste programa é poder dar cobertura inmediata ás necesidades básicas das persoas, cando estas se atopen en situación de urxencia, por carencia e/ou limitación de recursos económicos, evitando o seu desamparo e/ou exclusión social, así como prestarlles unha primeira atención profesionalizada, atendendo non unicamente as necesidades explícitas, senón tamén a situación emocional pola que están a pasar ós/ás usuarios.

 

 

Este programa conta co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a realizar programas de iinterese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas