Programa de cobertura de necesidades básicas, inmediata, a persoas en situación de necesidade urxente

O número de persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social é un dos indicadores máis fiables do grado de desenvolvemento social alcanzado por un país. A erradicación de estes fenómenos supón, por tanto, un dos obxectivos prioritarios ós que, como sociedade, debemos dar cumprimento. 

 

 

A estructura do Programa de cobertura de necesidades básicas, inmediata, a persoas en situación de necesidade urxente xorde da necesidade de garantir o Estado do Benestar. Para tal fin, se poñen a disposición do programa os medios que permiten o seu desenvolvemento.

 

-Perfil dos usuarios/as:
Os/as usuarios/as do Programa son os colectivos máis necesitados da nosa comunidade, entendendo por tal, as persoas físicas, individuais e/ou familias, cuxa situación de necesidade está debidamente constatada, priorizando aquelas unidades familiares que, pola súa situación sociofamiliar, se atopan en situación de especial vulnerabilidade: unidades familiares con menores e/ou maiores o seu cargo, familias monoparentais, familias con persoas con diversidade funcional e/ou incapacitadas para o traballo, minorías étnicas, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas maiores con pensións mínimas e etc.


-Actuacións concretas dentro do programa:


*-Valoración feita por persoal técnico das unidades familiares demandantes de axuda, previa incorporación ó programa. En dita valoración se constata a situación de necesidade na que din atoparse. Ademais, dentro de esta fase, tamén se establece a coordinación oportuna cos Departamentos de Serv.Sociais dos distintos concellos de residencia das familias.
*-Valoración das necesidades concretas de cada unidade familiar incorporada ó programa, en colaboración, se procede, co persoal técnico do Departamento de Serv.Sociais do concello.
*_Entrega de paquete alimenticio, en función das necesidades concretas da u.familiar. Dito paquete contén a totalidade de produtos alimenticios, perecedoiros e non perecedoiros, que a u.familiar precisa para dar por satisfeita as súas necesidades neste ámbito.
*_Entrega de prod. de vestimenta e/ou calzado, en función das necesidades concretas da u.familiar atendida.
*_Entrega de prod. de hixiene persoal, en función das necesidades concretas da u.familiar.
*_Entrega de mobiliario e/ou outros enseres do fogar, en función das necesidades das distintas u.familiares.
*_Servizo de peluquería gratuíto para menores incluídos no pograma.
*_Pago de débedas concretas de luz, auga, gas, alugueres, hipotecas..
*_Entrega de material escolar a menores incluídos no programa, de cara a facilitar a volta ó cole.
*_Campaña de Nadal, coa entrega de xoguetes ós menores de 8 anos e libros ós nenos/as entre 9-12 anos, fomentando a equidade dos menores, independentemente da u.familiar de procedencia.

 

 

Obxectivos que se pretenden acadar co program

 

Obxectivo xeral: Cobertura inmediata ás necesidades básicas das persoas, cando estas se atopen en situación de urxencia, por carencia e/ou limitación de recursos económicos, evitando o seu desamparo e/ou exclusión social.
 


Obxectivos específicos:


-Cobertura das necesidades alimenticias das familias e/ou persoas usuarias do programa.
-Cobertura das necesidades nutricionais dos distintos membros que compoñen as u.familiares atendidas.
-Cobertura das necesidades de vestiario e/ou calzado das familias e/ou persoas usuarias do programa.
-Cobertura das necesidades de pro. De hixiene e/ou limpeza do fogar das familias e/ou persoas usuarias do programa.
-Cobertura das necesidades de mobiliario e/ou enseres do fogar das familias e/ou persoas usuarias do programa.
-Resposta a pequenas débedas de luz, auga, gas, hipotecas e/ou alugueiros.
-Cobertura das necesidades de material escolar dos menores de cara á volta ó cole.
-Equidade dos menores, independentemente dos recursos económicos das u.familiares de procedencia.
-Sensibilización social.

 

TOTAL PERSOAS BENEFICIARIAS EN DISTINTAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA 15.869 

Número total de persoas beneficiarias directas 1.957 unidades familiares distintas nas que se realizan un total de 20.193 intervencións.  

O programa está subvencionado pola Xunta de Galicia

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

Pontevedra

Casa da Luz - Pza da Verdura S/N

C.P. 36002 - Pontevedra

Teléfono:

610 475 357

Horario:

De luns a venres: 08:00-14:00 

 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: