PONTE_COEMPREGO ´19

 

 

Ponte_Coemprego ´19 é un proxecto levado a cabo por Fundación Amigos de Galicia na provincia de Pontevedra. Este proxecto está dirixido á integración laboral dos colectivos con maior dificultade de acceso ó emprego, principalmente persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas inmigrantes residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra. 

 

OBXECTIVO PRINCIPAL

 

O fin deste programa é conseguir a integración laboral das persoas atendidas.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 

 

  • Mellora da empregabilidade das persoas atendidas, a través dos itinerarios de inserción personalizados desenvoltos.
  • Mellora da empregabilidade das persoas atendidas, a través da formación en habilidades sociais e técnicas de busca de emprego. 
  • Mellora da empregabilidade das persoas atendidas, a través do uso de TICs na busca activa de emprego, proporcionándolle ós usuarios/as autonomía propia na procura de emprego.
  • Motivación cara a busca de emprego por conta allea.
  • Fomento do emprendemento e/ou autoemprego, en casos nos que sevalore positivamente a viabilidade de proxectos de  emprendemento de usuarios/as.
  • Intermediación laboral para acadar o acceso ó mercado de traballo.

 

 

Este programa contou con financiación da Deputación de Pontevedra.