PONTECOEMPREGO 2018

 

Proxecto dirixido á integración laboral dos colectivos con maior dificultade de acceso ó emprego, principalmente persoas en situación ou risco de exclusión social e persoas inmigrantes. As vías de acceso ó programa son diferentes:

 

- Persoas en disposición de traballo que pertencen ás familias atendidas dentro do Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social que Fundación Amigos de Galicia desenvolve na comunidade autónoma de Galicia e para este programa en concreto, na provincia de Pontevedra. 

 

O fin último que persegue este proxecto é a integración laboral das persoas atendidas. Para tal fin, a Fundación Amigos de Galicia desenvolve diferentes actuacións como son os itinerarios personalizados de inserción así como outra serie de actuacións concretas de cara a acadar a mellora da empregabilidade das persoas atendidas, acadando, como fin último, a súa integración laboral.

 

Os colectivos aos que vai dirixido este programa, son aqueles que contan cunha maior dificultade de inserción socio-laboral, principalmente:


 

  • Inmigrantes.
  • Persoas en risco de exclusión social.
  • Parados de longa duración.
  • Mulleres vítima de violencia de xénero.
  • Persoas con escasa ou nula formación.
  • Mozos con escasa formación ou experiencia laboral.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas perceptoras da RISGA