RECURSOS INTEGRAIS PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE E/OU CON SINGULARES DIFICULTADES

Este programa vai dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e/ou con singulares dificultades da provincia de Pontevedra ofertando unha serie de servizos, en función das súas necesidades, no eido do asesoramento psicolóxico,  asesoramento xurídico, asesoramento laboral e apoio social  desenvolvendo, tamén, accións vinculadas ó eido da prevención da violencia de xénero, prioritariamente, ás persoas que polas súas características persoais e de xénero e o seu entorno social e/ou familiar puideron ser susceptibles ó maltrato físico, verbal e/ou psicolóxico.