Plan de apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero ou susceptibles de selo, con residencia en algún concello da provincia de A Coruña

Este proxecto oferta un asesoramento psicolóxico, apoio xurídico, asesoramento laboral e apoio social ás mulleres vítimas de violencia de xénero, así como a  aquelas persoas que por reunir certas características se atopan en situación de susceptabilidade ante a mesma, traballando no eido da prevención, así como na intervención en procesos de violencia de xénero de xeito que se ofertan uns recursos específicos. 

 

-Servizo psicolóxico: orientado ás persoas en risco de sufrir violencia de xénero, a aquelas que están a sufrir algún tipo de violencia, e a aquelas que foron vítimas nalgún momento das súas vidas. 

 

-Servizo xurídico: orientado a dar resposta ós trámites xurídicos e as consultas que pudieran ter as usuarias do programa. 

 

- Servizo de intermediación laboral: orientado a dar apoio na elaboración de currículums vitaes e cartas de presentación, e a intermediar con empresas que puideran ter interese na contratación de persoas acordes ó perfil ofertado por estas.

 

- Servizo de atención ás necesidades sociais; de cara a que estas familias teñan cubertas as súas necesidades básicas, contemplando cambios de residencia, así como a necesidade de servizos que faciliten a intermediación social e laboral. 

 

Para tal, a Fundación Amigos de Galicia ofrece charlas, conferencias de estima, apoio psicolóxico, asesoramento xurídico, apoio social que garanta a cobertura de necesidades básicas no eido da alimentación, vivenda, vestimenta, calzado, hixiene, etc; servizos de conciliación da vida familiar e laboral; grupo de autoaxuda formado por persoas que no seu momento foron vítimas de algún tipo de violencia. 

 

 

SE VIVES OU COÑECES ALGUNHA SITUACIÓN NON O DUBIDES E PONTE EN CONTACTO CON NÓS TLF. 610 475 357

 

Este proxecto conta coa subvención da Deputación de A Coruña

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 14:00 - 16:00 - 18:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

Pontevedra

Casa da Luz - Pza da Verdura S/N

C.P. 36002 - Pontevedra

Teléfono:

610 475 357

Horario:

De luns a venres: 08:00-14:00 

 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: