IPIS exclusión Pontevedra

Fundación Amigos de Galicia oferta itinerarios de inserción personalizada a persoas en situación ou risco de exclusión ou perceptores de RISGA dalgún dos concellos da provincia de Pontevedra. O proxecto comprenderá as prestacións de entrevista inicial; deseño; seguemento e avaliación do proxecto de inclusión social e sociolaboral; accións para a adquisición e fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluindo accións promotoras de acceso e permanencia no mercado laboral, mediación laboral, prospección e intermediación laboral, etc. 

O persoal técnico da entidade está á disposición das persoas usuarias do programa, ofertando, a aquelas persoas seleccionadas pola propia entidade, os itinerarios de inserción personalizada que contemplan as seguintes accións; 

o Entrevista inicial 
o Deseño de itinerario de inserción personalizado
o Valoración social individual
o Revisión de obxectivos ou actuacións
o Seguemento do itinerario
o Medidas de acompañamento e orientación social e/ou laboral
o Mellora de habilidades sociais básicas
o Técnicas de busca de emprego
o Intermediación laboral
o Coordinación con outros dispositivos de atención
o Formación en contidos teóricos prácticos e Formación ocupacional 
o Prospección na empresa
o Información sobre o mercado de traballo
o Captación de ofertas

Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia proporciona itinerarios de inserción personalizada orientados a 80 persoas dalgún dos concellos da Provincia de Pontevedra –ao longo de todo o proxecto que abrangue dende xullo de 2020 a xuño de 2022- que carecen de recursos económicos e contan con cargas familiares e que precisan de accións específicas que melloren as súas posibilidades de inclusión no mercado de traballo. 


Share by: