Fundación Amigos de Galicia oferta itinerarios de inserción personalizada a persoas inmigrantes dalgún dos concellos da provincia de Pontevedra. O proxecto comprenderá as prestacións de entrevista inicial; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e sociolaboral; accións para a adquisición e fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluindo accións promotoras de acceso e permanencia no mercado laboral, mediación laboral, prospección e intermediación laboral, etc.
O persoal técnico da entidade está á disposición das persoas usuarias do programa, ofertando, a aquelas persoas seleccionadas pola propia entidade, os itinerarios de inserción personalizada que contemplan as seguintes accións;
Entrevista inicial
Deseño de itinerario de inserción personalizado
Valoración social individual
Revisión de obxectivos ou actuacións.
Seguemento e avaliación do itinerario
Acompañamento Social
Adquisicións e/ou fortalecemento das capacidades personais e sociais
Accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral
Mediación laboral
Técnicas de busca de emprego
Intermediación laboral
Coordinación con outros dispositivos de atención
Formación en contidos teóricos prácticos e Formación ocupacional
Prospección na empresa
Información sobre o mercado de traballo
Captación de ofertas
Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia proporciona itinerarios de inserción personalizada orientados a 40 persoas dalgún dos concellos da Provincia de Pontevedra –ao longo de todo o proxecto que abrangue dende xullo de 2020 a xuño de 2022- que carecen de recursos económicos e contan con cargas familiares e que precisan de accións específicas que melloren as súas posibilidades de inclusión no mercado de traballo.