ITINERARIOS DE INSERCIÓN PERSONALIZADA A PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL CON RESIDENCIA EN PONTEVEDRA

¡Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia oferta itinerarios de inserción personalizada a persoas en situación ou risco de exclusión ou perceptores de RISGA. 

 

Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia proporcionou uns itinerarios de inserción personalizada orientados a 50 persoas que, carecían de recursos económicos e/ou contaban con cargas familiares e que precisaban de accións específicas que mellorasen as súas posibilidades de inclusión no mercado de traballo.

 

Este programa, se dirixiu a persoas en risco de exclusión social con residencia no Concello de Pontevedra.

 

Descrición do contido;

 

Dende o Servizo de Orientación laboral (SOL), se da apoio á integración no mercado laboral, de forma práctica, con técnicas e ferramentas que poidan resultar de utilidade nese momento, información ao respecto da xestión de emprego... e con posibilidade de acceder a un Itinerario Persoal de Inserción (IPI) se reúnes as características establecidas

 

 A finalidade é traballar coas habilidades sociais e hábitos prelaborais dos demandantes e usuarios/as para dinamizar as súas capacidades e recursos persoais e sociais a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral. Para elo, é preciso ofertar a información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.

 

Resultados obtido;

--Mellora da empregabilidade de tódolos participantes

--Inserción no mercado de traballo de 14 persoas dos 50 participantes.