ITINERARIOS DE INSERCIÓN PERSONALIZADA A PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL CON RESIDENCIA EN OURENSE E SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia oferta itinerarios de inserción personalizada a persoas en situación ou risco de exclusión, entre os que se atopan, perceptores de RISGA. 

 

Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia proporcionou uns itinerarios de inserción personalizada a 39 persoas que carecían de recursos económicos e contaban con cargas familiares, precisando de accións específicas que mellorasen as súas posibilidades de inclusión no mercado de traballo. 

 

Este programa, se dirixiu a persoas en risco de exclusión social con residencia no Concello de Ourense e San Cibrán das Viñas. Descrición do contido; Dende o Servizo de Orientación laboral (SOL), se deu apoio á integración no mercado laboral, de forma práctica, con técnicas e ferramentas que puidesen resultar de utilidade nese momento, información ao respecto da xestión de emprego... e con posibilidade de acceder a un Itinerario Persoal de Inserción (IPI) por reunir as características establecidas. A finalidade é traballar coas habilidades sociais e hábitos prelaborais dos demandantes e usuarios/as para dinamizar as súas capacidades e recursos persoais e sociais a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral. 


Resultado obtido:
--Mellora da empregabilidade de tódolos participantes.
--Inserción de 11 dos 39 participantes no mercado de traballo.

Resultado obtido:
--Mellora da empregabilidade de tódolos participantes.
--Inserción de 11 dos 39 participantes no mercado de traballo.