ITINERARIOS DE INSERCIÓN PERSONALIZADA  A PERSOAS INMIGRANTES CON RESIDENCIA EN OURENSE E SAN CIBRAO DAS VIÑAS

As persoas inmigrantes son un dos colectivos vulnerables, polas dificultades coas que se atopa para a integración social e laboral. Requiren, por tanto, de actuacións específicas que traballen en pro da súa integración e que melloren as súas posibilidades de inclusión laboral, mediante o desenrolo das habilidades sociais e dos hábitos prelaborais.

 

-Descrición do contido;

 

Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia oferta itinerarios de inserción personalizada a persoas inmigrantes.  

 

Dentro deste proxecto, Fundación Amigos de Galicia proporcionou uns itinerarios de inserción personalizada orientados a 38 persoas que, procedentes doutros países, se atopaban coas trabas que supón a escaseza de apoio social e familiar, ademais do descoñecemento do idioma. 

 

Entre os 38 itinerarios se desenvolveron 271 actuacións que fomentan a empregabilidade das persoas atendidas, acadando inserción laboral con 15 usuarios/as, un 39% da totalidade dos participantes no proxecto. 

 

Descrición do contido;

 

Dende o Servizo de Orientación laboral (SOL), se deu apoio á integración no mercado laboral, de forma práctica, con técnicas e ferramentas que puidesen resultar de utilidade nese momento, información ao respecto da xestión de emprego... e con posibilidade de acceder a un Itinerario Persoal de Inserción (IPI) se reúnes as características establecidas.  A finalidade foi traballar coas habilidades sociais e hábitos prelaborais dos/as demandantes e usuarios/as para dinamizar as súas capacidades e recursos persoais e sociais a través de itinerarios personalizados de inserción sociolaboral. Para elo, foi preciso ofertar a información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.