GALICIA INCLÚE

A inmigración é un fenómeno que vai en aumento día tras día. Nos últimos anos, a presenza das mulleres adquiríu tal relevancia nas migracións, que non é posible abordar este fenómeno sen contemplar a perspectiva de xénero.

 

O Programa de Recursos Integrais - GALICIA INCLÚE vai dirixido ó colectivo de mulleres inmigrantes, emigrantes retornados ou refuxiadas. 

As mulleres, teñen funcións, responsabilidades e oportunidades diferentes nos países de orixe e nos de acollida, e viven situacións moi diferentes ás dos varóns por motivos educativos, sociais, culturais, políticos e relixiosos. Por iso faise necesario a realización de accións a través deste tipo de programas para traballar de xeito concreto e especializado con estas mulleres.


A finalidade deste programa é a promoción das capacidades persoais, tratando de restablecer a súa situación social e laboral, evitando a vulnerabilidade social, tratando de lograr a igualdade real e efectiva como propósito último, das mulleres inmigrantes.

 

Este programa conta coa financiación da Secretaría Xeral da Igualdade,
dentro das subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

 

QUE OFRECE O PROGRAMA

 


1. Toma de contacto.
2. Deseño Itinerario Persoal de Inserción.
3. Valoración social individual.
4. Revisión dos obxetivos ou actuacións. 
5. Seguemento do itinerario.
6. Medidas de acompañamento e orientación social e laboral.
7. Mellora de habilidades socias básicas.
8. Intermediación laboral. 
9. Coordinación con outros dispositivos de atención.
10.   Formación - Formación Ocupacional.
11. Prospección na Empresa
12. Información sobre o mercado laboral. 

 

OFICINAS A DISPOSICIÓN DAS USUARIAS DO PROGRAMA

 

◦Avda de Lugo nº 115- Santiago de Compostela
◦Avda López Ballesteros nº 9- Vilagarcía de Arousa
◦Avda de Portugal nº 59- Ourense
◦Casa da Luz s/n- Praza da Verdura- Pontevedra