Galicia_ EnIgualdade

O programa, Galicia_EnIgualdade, vai dirixido a 214 mulleres de Galicia que sufriron, están sufrindo ou poderían sufrir violencia de xénero ou están pasando por unha situación de vulnerabilidade, ofertando unha serie de servizos en función das súas necesidades no campo de asesoramento psicolóxico, xurídico, laboral e/ou apoio social.

 

Para realizar este proxecto, que conta con un presuposto de 111.661,00€, a Fundación Amigos de Galicia conta co apoio de Obra Social La Caixa, que aporta unha cantidade de 23.600€ de financiación.

 

O obxectivo xeral do proxecto é lograr unha inclusión socio – laboral das mulleres atendidas que sufren violencia de xénero, ou están nunha situación de vulnerabilidade. Con iso, preténdese atopar ferramentas que faciliten a súa conciliación tanto familiar como laboral, asumindo que no momento da separación da persoa, a maioría carece de fonte de ingresos.

 

Este programa está ACTUALMENTE PECHADO