FORMACIÓN OFIMÁTICA

OBXECTIVO

Introducir ao/á participante no manexo das principais ferramentas de ofimáticas, con especial atención na edición de textos, as follas de cálculo e as presentacións, mediante un enfoque maiormente práctico que axude á comprensión e afianzamento de coñecementos.

CONTIDOS

Módulo I Sistemas operativos: Windows/Linux
Obxectivo do módulo: Aprender as funcións básicas do sistema operativo, identificar unidades, creación de arquivos e cartafoles, etc.

Módulo II - Procesador de textos: Word/ Writer
Obxectivo do módulo: Realizarase calquera tipo de documento de texto con soltura e normalidade, carta, currículo ou comunicación.
❏ Conceptos iniciais
❏ Formato de texto
❏ Cinta de Opcións e Menús
❏ Mellorar o documento
❏ Inserción de Táboas e Gráficos

Módulo III - Folla de cálculo: Excel/Calc
Obxectivo do módulo: Realizar operacións matemáticas sinxelas con folla de cálculo, que facilita calquera traballo numérico.
❏ Crear unha folla de cálculo
❏ Operacións con arquivos
❏ Formato
❏ Datos e Funcións
❏ Gráficos e imaxes.

Módulo IV - Base de datos: Access/Base
Obxectivo do módulo: Crear e administrar bases de datos de tipo persoal, e introducir e buscar datos, así como aplicar filtros nas procuras.
❏ Táboas e Consultas  
❏ Formularios e Informes.

Módulo V – Presentacións: PowerPoint/Impress
Obxectivo do módulo: Preparar presentacións domésticas ou profesionais, incluíndo fotos, textos, vídeos.
❏ Creación de presentacións e diapositivas
❏ Efectos

LOCALIZACIÓN

A formación diríxese a persoas en risco de exclusión social con baixa formación con residencia nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.
Share by: