Fundación Amigos de Galicia desenvolve un programa de emprego femenino, que promove a equidade de oportunidades para as persoas que, por razóns vinculadas o seu xénero, teñen maiores dificultades de acceso ó emprego.
A muller, que se atopa con distintas trabas sociais á hora de acadar a súa inclusión laboral, xa non unicamente vinculadas as súas características persoais e/ou profesionais, senón tamén á brecha de xénero, á falla de corresponsabilidade nas tarefas do fogar e ás dificultades á hora da conciliación, precisa dun programa concreto que as sitúe nunha mellor posición con respecto a outros demandantes de emprego, de cara a acadar a súa inserción laboral.
EM-FEMENINO, é un programa que a entidade desenvolverá en 5 concellos da provincia de A Coruña, de cara a proporcionar ferramentas que melloren as opcións laborais das persoas mediante proxectos que abarcan a formación e a realización de itinerarios de inserción personalizada coa finalidade de acadar a inserción no mercado de traballo das persoas atendidas.
OBXECTIVO XERAL
Inserción laboral como consecuencia directa da mellora da empregabilidade das usuarias do programa EM-FEMENINO. |
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
--Mellora da formación das usuarias do programa. --Mellora das habilidades sociais das usuarias do programa. --Asesoramento na busca activa de emprego. --Asesoramento na busca de emprego dende as novas tecnoloxías de acceso á información. --Reforzo e/ou acompañamento en posibles entrevistas laborais. --Apoio na elaboración de cv e cartas de presentación. Reforzo en técnicas de elaboración de cv e cartas de presentación. --Mellora da identidade dixital e reputación online. --Empoderamento das usuarias. --Intermediación e prospección laboral.
As accións formativas desenvolvéronse nos concellos de Carballo, Cerceda, A Pobra do C, Riveira, A Baña y Cambre.
|