"Camiñando por unha integración real" 2019

A Secretaria Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia outorga esta subvención, equivalente aos custos salariais, resultantes da contratación de 3 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “CAMIÑANDO POR UNHA INTEGRACIÓN REAL"
 
Características das persoas traballadoras e contratos:
  • 2 Oficiais administrativos
  • 1 Oficial 1ª e 2ª
 
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.
 
As persoas contratadas mediante o programa “Camiñando por unha integración real” desenvolverán funcións de seguimento e intervención que precisan as u.familiares atendidas mediante o Plan Integral de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, que están a recibir, mediante dito programa, resposta ás súas necesidades básicas para así evitar situacións de desamparo pero nas que se detecta que son necesarias outro tipo de intervencións complementarias a nivel de educación social e/ou familiar, economía do fogar, promoción da igualdade, orientación laboral e inserción no mercado de traballo, coidado e atención dos menores, mediación familiar que propicien a súa integración social e/ou laboral e axuden a mellorar a situación de vulnerabilidade na que se atopan.
 
PROGRAMA EN ACTIVO