Outras actividades empresariais

 

Caracterización das empresas

En primeiro lugar, convén precisar que se trata de empresas que teñen en común a súa dedicación á satisfacción de necesidades a terceiros, mediante a prestación de servizos de coñecemento de distinta natureza, tales como:

  • Asesoría integral a empresas (fiscal, contable, laboral, mercantil, etc.).
  • Asistencia técnica en urbanismo e arquitectura.
  • Selección de persoal.
  • Cobertura de necesidades de marketing e publicidade.
  • Consultaría técnica en enxeñería e actividades relacionadas.

Son empresas maduras con andadura e antigüidade no mercado laboral, que abarcan distintos ámbitos territoriais de traballo. Algunha delas ten unha cobertura nacional (con delegacións espalladas pola Península Ibérica), mentres que a maioría desenvolve o seu traballo nun ámbito máis local (nas comarcas ou concellos lindantes). Sen embargo, a estabilidade e complementariedade de relacións entre o que é núcleo da empresa e unha rede de provedores  é fundamental (sobre todo naquelas de tamaño grande ou mediano). Así, ás veces, estase a subcontratar a prestación de servizos específicos mediante convenios de colaboración, ou botando man de freelances e especialistas nunha materia determinada. No tocante á estrutura da empresa, existen áreas ou departamentos organizativos de composición diversa: comercial, obra civil, edificación, urbanismo, marketing, administración, etc. Se ben convén precisar que os departamentos laborais (que se centran nas nóminas, liquidacións, seguros sociais ou asesoramento en contratos) e de contabilidade (como asesoramento fiscal e contable, estudos e seguimentos de balances) teñen unha presenza significativa no sector.

 

Na actualidade, non teñen problemas á hora de atopar os perfís profesionais que requiren, continuamente acude xente á empresa na procura de emprego, e son moitos os currículos que lles chegan dende distintos puntos de Galicia. Comentan que existiu un retorno de poboación galega que estaba a traballar noutras comunidades autónomas e que se quedou sen ocupación.

 

 

 

Nesta actividade produtiva a inversión en capital humano é un factor importante, téndose moi presente na selección de persoal a formación do futuro equipo, entendendo que as competencias individuais outorgan un valor engadido á propia empresa. Máis concretamente, trátase de profesionais con alta cualificación, fundamentalmente persoas que posúen a licenciatura en económicas, empresariais, psicoloxía, formación en relacións laborais, enxeñerías e administración, tamén teñen certo peso a xente de arquitectura, publicidade, e/ou a avogacía. Soe ser xente nova, cunha media de idade non superior aos corenta anos, e cunha presenza equilibrada entre mulleres e homes.

exportación non é unha constante nestas empresas, en ocasións realizan actividades puntuais ou prestan servizos externos co estranxeiro, pero habitualmente se traballa dentro de España. De maneira excepcional, unha das empresas comenta que realiza labores de internacionalización e que teñen un catálogo de produtos ao que se pode acceder en distintos idiomas.  Pola súa banda, as empresas de menor tamaño comentan que a actual conxuntura económica dificulta o feito de que poidan exportar os seus servizos cara outros países.

Se ben existe unha presenza das novas tecnoloxías como soportes de traballo en todas e cada unha das actividades produtivas analizadas, o sector é o que amosa un maior aproveitamento destas ferramentas (a través de instrumentos como a firma dixital, o correo electrónico, información vía sms, uso de intranets, e información dixital constante coas empresas para as que traballan). Do mesmo xeito, malia recoñecer que emprender algún tipo de actividade en I+D+i lles resulta complicado, algunhas delas comezan a desenvolver áreas produtivas nesta materia (de feito, unha conta con un departamento I+D+i), adquirindo certa experiencia no desenvolvemento de instrumentos complexos dende o punto de vista tecnolóxico e de xestión da información, fomentando que as empresas para as cales prestan servizos, poidan sacar valor a súa actividade produtiva.

No tocante á situación do sectormanifestan que existe unha atomización da actividade e que aumentou a competencia entre as empresas. Aquelas que desenvolven o seu traballo na asesoría empresarial sinalan a existencia dunha competencia desleal, xa que en principio unha asesoría non require dunha inversión forte de capital e existen moitas que estás a prestar un mal asesoramento, repercutindo na política de prezos real. Por outra banda, está moi presente a actual conxuntura económica de crise, e consideran que unha maneira de facerlle fronte é a de diversificar os produtos e os servizos que ofertan (de feito algunha comezou a especializarse en temáticas máis vinculadas a calidade, medio ambiente e formación). Aquelas que prestan servizos ao sector construtivo comentan que existiu unha notable redución do traballo e que, nalgún caso, víronse obrigadas a reducir a súa plantilla de persoal, así como a subministración dos servizos que ofertaban. Creen que a virulenta situación económica perdurará uns anos máis, e algunhas delas confían en que a medio prazo a situación mellorará.

 

 

Asistencia a formación

 

O persoal alenta os seus coñecementos asistindo a distintas actividades formativas. A metade destas organizacións teñen un plan de formación anual, dirixido tanto ao propio persoal como, en ocasións, ás empresas que habitualmente asesoran. Dito plan pode sufrir modificacións en función das necesidades do mercado e das propias empresas. Nestes dous últimos anos, os cursos impartidos foron de distinto calado, e estes se poden catalogar nas seguintes especialidades profesionais: Administración e xestión (onde destacan contabilidade, auditoría, protección de datos, xestión de cobros, etc.), tendo especial incidencia nas asesorías que realizan un asesoramento integral a outras empresas.

  • Edificación e obra civil (análises de formigóns, vixilancia de obras, normativas urbanísticas, manipulador/a de guindastre, operador/a de carretilla, etc.), sobre todo naquelas organizacións de asistencia técnica en urbanismo e arquitectura, e/ou consultorías técnicas.
  •  Seguridade e hixiene (prevención de riscos, plans de residuos en obras, conselleiro/a de seguridade, manipulación de alimentos, etc.). Este tipo de cursos soen organizarse en consultorías técnicas e empresas de selección de persoal.
  •  Informática e comunicacións (coñecemento de programas ou ferramentas informáticas tales como Acces, Excel, Autocad, Dreamweaver, Photoshop, programas de xestión integral da empresa, curso de programación web, etc.) que se utiliza como soporte informático nas distintas entidades entrevistadas, e que adquire especial relevancia nas empresas que presten servizo de marketinge/ou publicidade.

Unha parte significativa das empresas menciona que o seu traballo require unha actualización formativa constante e, en termos xerais, soen atopar unha resposta afirmativa do seu persoal para participar en cursos. Estas organizacións acostuman ter unha partida orzamentaria destinada a actividades formativas e, na súa maioría, fan uso do crédito anual de formación que soen xestionar directamente dende a propia empresa. Xeralmente os cursos teñen un carácter presencial e neles se alterna teoría e práctica. Malia a que a actualización formativa está moi presente nas empresas deste sector, existe unha diferenciación no que a tamaño da entidade se refire, xa que a maior dimensión incide nunha organización máis complexa das actividades formativas.

 

 

 

 

 

Requirimentos para o desenvolvemento do posto de traballo

 

Existen unhas pautas comúns de habilidades, destrezas ou competencias que requiren as empresas para a execución dos distintos postos de traballo. No tocante aos coñecementos previo, o nivel formativo é un requisito importante á hora de contratar a unha persoa, esixindo unha alta cualificación previa, be sexa polos coñecementos que aporta a mesma, ben sexa pola posibilidade de realizar e avalar determinados traballos técnicos. Ademais da ensinanza propia da titulación, valórase a preparación en idiomas e o control de ferramentas informáticas (tendo especial importancia nas organizacións que prestan servizos de publicidade e marketing, e nas dedicadas ao urbanismo e á arquitectura).

Por outra banda, a experiencia laboral previa valórase de xeito positivo (sobre todo nas entidades que proporcionan servizos urbanísticos, nas de selección de persoal ou cando se busca a unha persoa para un posto de xefatura), pero non é un requisito tan importante como outras habilidades de carácter sociopersoal. Neste senso, todas as organizacións coinciden na énfase de habilidades tales como: ter iniciativa persoal, ganas de traballar, actitude de aprender e renovarse, levar a cabo un estudo e actualización constante, e saber traballar en equipo

Nun segundo plano, tamén se consideran necesarias destrezas como a creatividade, a capacidade de sorprender, ser persoas inquietas e buscar solucións e traballos novos, ou o feito de facer un óptimo traballo axilmente. Cando se refiren as habilidades, competencias ou destrezas que necesita o persoal adquirir a medio prazo a reposta é unánime, adaptarse as necesidades que vaia demandando o mercado de traballo, realizar unha actualización informática (adaptación constante ás novas tecnoloxías) e perfeccionar as habilidades e coñecementos técnicos adquiridos. Ao tempo, algunha empresa sinala que, ante a actual conxuntura económica, están pensando na posibilidade de saír ao exterior e abrirse a novos mercados, co cal o coñecemento de idiomas sería un requisito que adquiriría unha maior importancia. Pola súa banda, a reciclaxe e a reiterada actualización formativa convértese nunha baza fundamental para as persoas que buscan ascender na entidade na que traballan. Q        Tendo en conta a realidade do sector, comentan que o impacto da presente situación económica fai que, neste momento, existan menos problemas para cubrir os distintos perfís profesionais. Hai uns anos existían dificultades para atopar persoal administrativo ou técnicos especializados na construción de edificios, agora o difícil é que a xente vinculada ao mundo construtivo atope traballo (arquitectura, delineación, etc.). Na actualidade os maiores hándicaps os atopan nos seguintes perfís:

  •  Comercial.
  • Enxeñeiro/a de camiños ou topógrafo.
  •  Postos de certa responsabilidade.

Así mesmo, as empresas manifestan que non soen facer uso das oficinas de emprego cando necesitan persoal, e que algunhas delas acoden a universidades, institutos ou academias cos que realizan prácticas ou becas de colaboración.

 

Doazóns

Todas as doazóns irán destinadas a cubrir as necesidades básicas  dos/as nosos/as usuarios/as

Colabora desde 1€

Fai as túas compras e colabora!

Redes Sociais

Tweets de Fund.AmigosdeGalicia @AmigosdeGalicia

Contacto:

Santiago de Compostela

Avda. de Lugo, nº 115

C.P. 15702 Santiago 

A Coruña

Teléfono:

610475763

Horario: 08:00 - 15:00

 

Vilagarcía de Arousa

Avda. López Ballesteros, nº9

C.P. 36600  Vilagarcía 

Pontevedra

Teléfono:

610 475 431

Horario: 07:00 - 15:00

 

Ourense

Avda.de Portugal, 59

C.P. 32002 Ourense

Ourense

Teléfono:

678 92 03 87

Horario:

De luns a xoves: 08:00-14:00 /15:30 -18:00 

Venres: 08:00-14:00 

 

 

Fax:

901 707 205

 

traballosocial@fundacionamigosdegalicia.org

informacion@fundacionamigosdegalicia.org

orientacion@fundacionamigosdegalicia.org

comunicacion@fundacionamigosdegalicia.org

Recomendar esta página en: